ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Anorexia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Anorexia. Amosar todas as publicacións

15/03/17

Marta ante o espello

Comentario de Laura Soto

 
 
Marta ante o espello
Teresa Calo
Xerais
 
 
 
A seguinte obra de teatro da autora Teresa Calo Fontán, trata sobre o complicado tema da anorexia. 
Dunha forma sinxela narrada en forma de monólogo cóntase a historia dunha rapaza chamada Marta que padece esta enfermidade. Como é a vida, e como empeza a xirar a contorna dos seus pais arredor da súa filla, o seu agresivo adelgazamento, o sentimento de culpa da súa nai, que é o que pensa Marta para ter que cambiar tan bruscamente o seu corpo, debilitándose de tal maneira que sexa capaz de chegar a tales extremos. 
Este libro fainos plantexar o porqué da situación, a influencia dunha sociedade chea de complexos e de prexuízos sobre todo en torno ás mulleres, facéndonos pensar que o máis importante para as rapazas dende pequenas é conseguir ser gustadas polos homes mediante a beleza, e deixándonos dominar por estes pensamentos, chegamos a estos puntos.
Este libro aborda con crueza e ironía esta difícil situación.
Recomendaríavos lelo para reflexionar sobre o que é importante para vós e se antes de coñecer a unha persoa preferides xulgalo polo seu aspecto, peso, ou beleza antes que esperar a coñecelo interiormente, e pensar o moito que poden afectarlle ás outras persoas os comentarios dunha sociedade así.
 

08/12/16

Marta ante o espello

Comentario de Marcos Quintana Cuñarro


Marta ante o espello
Teresa Calo Fontán
Xerais




Elixín perfectamente o libro para ler, xa que é en tan poucas páxinas narra o que ocorre cunha enfremidade tan grave como pode ser a anorexia ou a bulimia.
Neste libro,  a autora Teresa Calo Fontán, ábrenos os ollos aos lectores do efecto que a anorexia ou a bulimia pode causar nunha persoa ou lle pode afectar aos  familirares cercanos, pais…
Isto é o que lle ocorre a Marta, que é unha moza de dezasete anos e sofre anorexia. Marta faleceu por mor desta enfermidade, e tras a súa morte ela fai unha reflexión moi profunda sobre o que fixo no seu pasado,  ela lémbrase dos miles de prantos que ten botado súa nai polo mal que se estaba a facer a si mesma. 
Sorprendeume a imaxe da portada do libro, é certo o que di meu pai que “unha imaxe vale máis ca mil palabras”pois só esa imaxe estanos a dicir unha morea de cousas.
Na miña opinión, é un libro con  finalidade didáctica e tamen un libro ambientado cara aos adolescentes para intentar conciencialos dos estragos  que causa esta enfermidade no noso corpo, podería ser un pouco máis longo xa que o tema da anorexia é moi importante.
Recoméndovos mercalo se queredes facer unha reflexión sobre as persoas que sofren anorexia, ou tamén que por culpa da sociedade de hoxe en día, que lle asina alcumes ás persoas por ter distinta condición física cá dos demais, acaban por volverse anoréxicos. Unha simple broma a un amig@ utilizando a palabra gord@,pode rematar cun final moi tráxico.
 

05/12/16

Marta ante o espello

Comentario de David de la Torre

Marta ante o espello
Teresa Calo
Xerais
 
 
 
Editado por Xerais, Marta ante o espello é unha fantástica obra de teatro, escrita por Teresa Calo Fontán, e fálanos do misterioso e complicado tema da anorexia.
Sendo un monólogo, Marta, a nosa protagonista, fállale a un suposto público co que intenta averiguar onde se atopa, e así vainos contando a súa historia. No escenario van aparecendo diversos obxectos, un espello que nos representa a transparencia da merma, un báscula da que se nos conta outra historia, tamén presenta mais personaxes.
Preséntasenos temas coma é o sufrimento dos pais, o adelgazamento dunha enferma, e logo a desesperación e o abandono... ata chegar á morte.

Notamos como Marta nos humoriza o desestimento da nai, como nos presenta os estereotipos que forzan a sociedade dunha “ beleza” perfecta?, a forza que exerce Internet sobre estes casos…

Gustoume moito a portada, polo menos a min refléxame moito, tamén me gustou a escena na que o esqueleto representa a atrocidade que Marta lle fixo ao seu corpo.

En xeral gustoume o texto, e gustríame poderlla recomendar a alguén; teño oído por aí que non se deberían ter libros destes temas nunha biblioteca dun instituto… e enfatizo en que debe haber máis dado que calquera persoa que sufra esta enfermidade poida atopar imformación, non só diagnóstica, senón tamén literaria e que descubra que neste problema non está soa.
 

08/11/16

Marta ante o espello

Comentario de Noa Presas González


Marta ante o espello
Teresa Calo Fontán
Xerais






Marta ante o espello é un monólogo teatral no que esta rapaza, Marta, duns apenas 17 anos nos conta como afectou a anorexia á súa vida e á dos seus familiares diante dun espello. Esta rapaza tópase nun lugar soa, onde xa non sente, non ri, ou sexa o limbo, dinos que foi todo un alivio deixar de oír os consellos da xente, o empeño de súa avoa porque comera que tan nerviosa a poñía, deixar de escoitar a súa nai chorar e deixar de odiarse a si mesma e ao seu corpo.

Vemos como empezou todo, cando o de adelgazar se converte nunha obsesión, logo como cada bocado de comida se converte en remordementos porque vai engordar, a necesidade que ten de pesarse todos os días e ver que segue adelgazando ou máis ben matándose.
Tamen nos fala da bulimia, como se empachaban as súas amigas e logo ían ao baño a vomitar todo.

Ata que logo se da conta, de todo o que perdeu por esta estúpida enfermidade cando se ve a si mesma como era antes de estar nese sitio, vese un saco de ósos, e desexa volver, desexa pedirlle perdón a seus pais, a avoa, ter as súas cousas con ela outra vez,estar na súa casa, volver a vivir…
Pero iso non pode ser, e todo esvaece.

Na miña opinión aborda con crueza, e moita ironía, a difícil situación que viven as rapazas que padecen anorexia ou bulimia, o que me parece ben porque así non soamente nos fai darnos conta ás lectoras máis novas que o adelgazar non se pode converter nunha obsesión, senón tamén aos lectores máis vellos a poñerse alerta a recoñecer este tipo de situacións polo que me parece interesante.

27/10/16

Marta ante o espello

Comentario de Noa Villar Gallego


Marta ante o espello
Teresa Calo Fontán
Xerais




Marta ante o espello preséntanos un monólogo dunha adolescente duns dezaseis anos que sufriu unha enfermidade tan complexa como é a anorexia. Xa dende que reparas na imaxe e no título que nos amosa a cuberta, comezas a notar a dureza desta lectura. Unha lectura sinxela pero que non deixa de tratar un tema tan complicado e tabú na nosa sociedade como é a anorexia.
O libro conta a vida de Marta, unha adolescente xa morta que recorda os seus últimos meses de vida, antes de morrer a causa de anorexia. Mentres ela vai avanzando no seu monólogo, aparecen personaxes que dialogan con ela, tal coma o seu propio esqueleto ou unha báscula. É un texto que ten certa crueldade posto que en determinados momentos, a enfermidade é tratada de xeito un pouco humorístico. Conta a loita de súa nai para que ela superase a enfermidade, as causas polas que comezou a entrar nese mundo e ata as consecuencias que iso lle trouxo.

Como opinión propia direi que é un bo libro para iniciarse na lectura dos textos teatrais e,  pouco acostumada a ler escritos deste tipo, pareceume interesante e moi sinxelo de ler. Tamén foi un libro que che fai cavilar ao mesmo tempo que o fai a protagonista. En definitiva, unha lectura perfecta para atacar nun día de reflexión.

10/12/14

Marta ante o espello

Comentario de Alba García


Marta ante o espello
Teresa Calo
Xerais





A verdade:  este monólogo gustoume bastante,  foime moi doado de ler e resultoume entretido. Creo, baixo o meu punto de vista, que este relato nos quere amosar os sentimentos ou a mentalidade da propia enferma. A presión social que conleva a esta enfermidade.
Teño unha gran pregunta: por que esta enfermidade se asocia coas mulleres?
So nós debemos estar ''guapas''  para ser aceptadas?, só nós debemos cambiar?, aquí, creo, que se non me equivoco temos outra desigualdade entre sexos.
Coñezo a unha persoa anoréxica, creo que despois deste libro creo que a entenderei mellor. Ela estao pasando fatal aínda que é unha rapaza que xa se esta recuperando.

Marta ante o espello

Comentario de Noelia Blanco


Marta ante o espello
Teresa Calo
Xerais



É unha obra teatral na que a protagonista vai abordando a súa enfermidade e obsesión polo seu corpo ata que a terminou matando. Como ben se.pode deducir do título, a principal preocupación de Marta é o seu físico, co cal non se ve conforme, sendo a súa principal rival a báscula. Ilústranos como se senten estas persoas e as súas familias, como a sociedade nos fai crer que se non tes un bo corpo non eres nada. Transmítenos os complexos, ideas e pensamentos destes pacientes, así como o sufrimento e sentimento de culpa dunha nai que ve como a súa filla vai cada vez a menos.

A anorexia é un tema do cal creo que non se fala demasiado, a pesar de ser un problema que calquera persoa pode padecer, polo que llo recomendo a todos, especialmente ó público adolescente que, en xeral, é o que máis sufre esta enfermidade.  

Marta ante o espello

Comentario de Telmo García




 
Marta ante o espello
Teresa Calo
Xerais





A obra de teatro de Teresa Calo  fala da anorexia, un problema que lle afecta a moitas persoas que teñen unha imaxe distorsionada do que son, en realidade unas persoas enfermas pola falta de alimento real e alimento emocional.

Nesta obra vese perfectamente reflectido o mundo das anoréxicas dende a traxedia familiar ata os foros polos que contan as súas rutinas de enfermas sufridoras.
Este libro paréceme moi chocante polos diálogos das personaxes, por exemplo cando Marta discute co seu esqueleto ou cando a báscula, con ironía, a anima a que intente seguir rebaixando un pouco máis o seu peso para “palmala”.

Gustaríame salientar o inicio da novela, cando Marta fala co público e lles presenta os seus problemas coa anorexia, porque pareceume moi orixinal. Nunca lera unha obra de teatro na que o público fora parte do argumento da obra.

Aínda que eu non me sinto indentificado co argumento e un libro que te fai reflexionar sobre o afortunado que es cando non tes este tipo de problemas. Marta ao final da novela creo que se arrepinte do que fixo e deuse conta de que ela tíñaoo todo para ser feliz e desperdiciouno.

A escena final na que se van indo pouco a pouco as luces, ata o escuro total co berro esgazado de Marta mete un medo que tumba…
 

25/11/14

Marta ante o espello

Comentario de Ánxela Barrio Varela

Marta ante o espello
Teresa Calo
Xerais




Este libro non me gustou moito xa que non me parecen correctos os pensamentos de Marta, do seu cadáver a das persoas que escribían as cartas.
Para min as peores cousas que facía era o feito de cortarse só porque pensaba que a dor adelgazaba, que sentise envexa das bulímicas, cando perdía uns gramos sentíase feliz por chegar ao seu reto, cría que a súa nai estaba celosa dela porque marta adelgazaba e a nai non e o peor de todo, que ela quería morrer.
Unha das realidades que moito me disgustou foi que ela mesma di que antes de estar enferma era moi divertida e que cando se puxo enferma comezou a non saír e xa non ría, é dicir, a súa vida era completamente diferente.