Marta ante
o espello é un monólogo teatral no que esta rapaza, Marta, duns apenas 17 anos
nos conta como afectou a anorexia á súa vida e á dos seus familiares diante dun
espello. Esta rapaza tópase nun lugar soa, onde xa non sente, non ri, ou sexa o limbo, dinos
que foi todo un alivio deixar de oír os consellos da xente, o empeño de súa
avoa porque comera que tan nerviosa a poñía, deixar de escoitar a súa nai
chorar e deixar de odiarse a si mesma e ao seu corpo.
Vemos como
empezou todo, cando o de adelgazar se converte nunha obsesión, logo como cada
bocado de comida se converte en remordementos porque vai engordar, a necesidade
que ten de pesarse todos os días e ver que segue adelgazando ou máis ben
matándose.
Tamen nos
fala da bulimia, como se empachaban as súas amigas e logo ían ao baño a vomitar
todo.
Ata que
logo se da conta, de todo o que perdeu por esta estúpida enfermidade cando se
ve a si mesma como era antes de estar nese sitio, vese un saco de ósos, e desexa
volver, desexa pedirlle perdón a seus pais, a avoa, ter as súas cousas con ela
outra vez,estar na súa casa, volver a vivir…
Pero iso
non pode ser, e todo esvaece.
Na miña
opinión aborda con crueza, e moita ironía, a difícil situación que viven as
rapazas que padecen anorexia ou bulimia, o que me parece ben porque así non
soamente nos fai darnos conta ás lectoras máis novas que o adelgazar non se
pode converter nunha obsesión, senón tamén aos lectores máis vellos a poñerse
alerta a recoñecer este tipo de situacións polo que me parece interesante.
Sen comentarios
Publicar un comentario