ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Curso 18-19. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 18-19. Amosar todas as publicacións

04/11/18

A balada dos unicornios

Comentario de Nuria Lamazares Fernández


 
A balada dos unicornios
Ledicia Costas
Xerais



Cando empecei a ler este libro estiven a punto de deixalo, menos mal que non o fixen. Combina fantasía, maxia, un pouco de realidade... o que o fai xenial e marabilloso.
Ágata é a protagonista, encántame o seu carácter e a súa forma de ser, sempre perseguindo os seus soños, facendo todo o posible para non abandoar aos seus amigos e sendo unha persoa moi valente, xa que esa viaxe tan perigosa non a emprende calquera.
Odio as persoas como Cornelia, porque é egoísta e mala: só por envexa arríncalle os ollos á súa neta, onde ela tiña os poderes e temía que Ágata tivese máis poder ca ela.
En fin, este libro resultoume incrible e fantástico, recomendaríallo aos meus compañeiros e compañeiras.

03/11/18

A balada dos unicornios

Comentario de Olivia Rodríguez González




 
A balada dos unicornios
Ledicia Costas
Xerais




Encantoume este libro de maxia, por iso converteuse nun dos meus favoritos. O símbolo deste reino máxico que conta a historia son os unicornios, uns animais fantásticos que a min particularmente sempre me atraeron.
Eu identifícome con Ágata, a protagonista, porque me parece unha nena valente, xa que emprende unha viaxe moi perigosa, e xenerosa, proque non o fai por ela senón polo seu mellor amigo León. Ao mesmo tempo, odio a xente como Cornelia, porque é egísta e mala persoa: só por envexa arríncale os ollos á súa neta, neles tiña poderes máximos e ía ser a súa herdeira, e temía que acadasemías poder ca ela.
Eu recomendo este libro xa que é moi entretido e interesante.

22/10/18

A soidade do asasino


Comentario de Rocío Donsión Ferreiro

A soidade do asasino
Carlos G. Reigosa
Xerais




A pesar de que non son moi afeccionada a ler libros de teatro si que de vez en cando leo algún; neste caso encontrei este que me gustou polo seu título e en canto comecei a lelo impactoume porque era un libro con vocabulario da vida cotiá que moita xente utiliza pero que nos libros é moi raro encontrar: con isto refírome a palabrotas e insultos.
.
O primeiro que fixen foi imaxinar o lugar no que se encontran Víctor,o asasino, e Claudio, a súa vítima; o certo é que é un lugar algo estraño para decidir matar a unha persoa. 
Se te fixas na portada do libro pódese observar a dous homes: cada un ten unha mancha de sangue; eu, ao principio, non o entendía, xa que se supón que un morrería e o outro non, pero cando les o final entendes perfectamente o porqué desa portada.

Víctor e Claudio eran completamente descoñecidos pero cando comezan a falar xa non son dous estraños, e pouco a pouco vanse descubrindo un ao outro. Isto fÍxome pensar moitas veces mentres lía que Víctor non sería capaz de matar a Claudio, xa que encontraría nel un confidente, pero pouco despois aparece unha terceira persoa, Helena, coa que eu non contaba.

Eu diría que este libro é un deses que pensas que vai ocorrer unha cousa e pasa todo o contrario, xoga co noso pensamento, algo que me gusta moito dos libros; por iso eu recoméndollo a quen guste libros que xoguen coa nosa mente.