Este libro
sorprendeume para ben, xa que toca temas
que ao meu parecer son moi interesantes. Para empezar comento o que me pareceu
en xeral e logo, máis polo miúdo.
Ben, como dicía, en xeral o libro é bastante
extenso, aínda que non me levou demasiado lelo, trata temas como o machismo da
sociedade da época, o desamor…
Máis en concreto trata dunha nena de
doce anos, que era a única rapaza dos sete irmáns, a do medio, que constituían
a familia, de modo que a moza recibía un trato distinto. Nestes detalles
presentes no libro, detecto unha intención por parte da autora de crítica cara á sociedade da época, sobre o ano 1899. Sorprendeume que a nena quixese ser
científica e que súa nai non a apoiara, senon que desexaba que a nena aprendese
a cociñar, coser… que buscase un bo home
e traballase para el… é dicir, símbolos claros de machismo. A única persoa que
a apoiaba era o seu avó, que en principio preséntasenos coma unha figura
misteriosa, que se interesa por ela e as súas gañas de aprender, creándose
unha complicidade moi grande entre os dous. El, pola súa parte, tomouna como
axudante nas súas investigacións onde tamén á súa vez lle explica todo o que
quere saber. Cos seus irmáns ten relación, sobre todo con Harry, o maior, que
aínda que non a apoiaba ao cen por cen, dáballe bos consellos.
Eu coñecía a sociedade daquela época
aínda que nunca me parara a pensar en que unha moza que tiña o soño de ser científica
non o puidese ser só polo mero feito de ser muller, sorprendeume que a autora o
incluíse no libro. Pero non só trata disto, tamén trata do desamor, un claro
exemplo o dos irmáns que se namoran, pero non é correspondido, outros non
pararán de meterse en problemas…
En resumo: É un libro moi completo que
me gustou moito, aínda que algo extenso, pero mereceu a pena. Recoméndollo a
alguén que teña tempo e lle guste ler, xa que senon pódese chegar a facer algo
pesado.