Comentario de Patricia Lázara Framiñán
Este libro cóntanos, dende o punto de vista do protagonista
(Hans Schwarz), a súa historia de amizade con Konradin von Hohenfels. Todo isto
ocorre no ano 1932 cando está a punto de chegar Hitler ó poder de Alemaña.
Hans Schwarz é un rapaz de dezaseis anos que pertence a unha familia
de orixe xudeu pero que vive en Stuttgart, Alemaña. Estuda no colexio máis
prestixioso, o Karl Alexander Gymnasium ao que asisten varios condes e ata un
príncipe, aínda que el non ten amigos. Pero a principios do mes de Febreiro,
chega á clase un novo compañeiro, Konradin von Hohenfels, un rapaz que pertence
a unha familia moi adiñeirada e prestixiosa que viste sempre con traxes e
gravata, pero que non se interesa por facer amigos. Hans decide atraer a súa
atención con varias cousas ata que o consegue e pouco a pouco van creando unha
amizade. Un día, Konradin cóntalle a Hans que nunca lle presentará a seus pais,
xa que o pai é amigo de Hitler e a nai odia os xudeus. Pouco despois, os pais
de Hans deciden mandalo a estudar a Estados Unidos xa que, a situción para os
xudeus empeora moito. Trinta anos depois, recibe "malas noticias" e
decide "escribir" o libro.
A verdade é que nin me encantou nin me desgustou, algo intermedio. Todos os
nomes das persoas, dos lugares e mesmo algunha frase están en alemán, o que
dificulta algo a lectura, pero aínda así é un libro pequeno e lese bastante
rápido.
Sen comentarios
Publicar un comentario