Comentario de Aroa
Espiño Gonzalez
Héleris
Carlos Negro
Espiral Maior
O libro é
sinxelo e variado debido a que os seus poemas tratan de temas como o amor, a
morte e moitos máis. Os poemas son moi bonitos porque lle dan unha seriedade ao
que lemos. Gustáronme moito os poemas que tratan sobre o amor porque falan
cunha suavidade e sinxeleza que fai que sexan moi variados. Persoalmente este
libro é unha gozada porque fala de moitos temas en poemas moi curtos e
sinxelos.
ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.
31/03/13
Héleris
Atoparalo en Carlos Negro, Poesía
30/03/13
Far - West
Far - West
Carlos Negro
Xerais
Pareceume un bo libro debido a que os poemas se refiren a desigualdade social nestes tempos, é complexo pero está redactado dunha maneira que permite que se entenda todo, persoalmente este libro gustoume porque trata un tema moi delicado nestes tempos.
Atoparalo en Carlos Negro, Poesía, Xerais
Héleris
Comentario de Manuel
Fernández Cuiña
Héleris
Carlos Negro
Espiral Maior
Este libro relata a historia da vida dun mozo (Paris) e dunha moza
(Héleris) dende que eran adolescentes.
Héleris é unha rapaza que soñaba con ser princesa pero acabou traballando
para poder gañar diñeiro, embarazada dun fillo que tivo co home que casou
(escollido por súa nai) co que morreu máis tarde.
Por outra parte conta a vida de Paris que ten que traballar para gañar
diñeiro para el e para a súa familia.
O libro a pesar de ser poesía está bastante ben. Gustoume a ideo de xuntar
os nomes de Héleris e Paris para formar o título do libro.
Atoparalo en Carlos Negro, Poesía
29/03/13
As laranxas de alí babá
Comentario de Alba Iglesias
Non me gustou moito, xa que algúns dos seus poemas non os
entendín. A min a poesía non me gusta moito e menos cando non sei de que
tratan.
Deste libro,
por exemplo, o " Señor do cofre " foi un dos poucos que entendin que
trataba dun home que viaxando coñece a unha muller e quédase a vivir xunto ela.
En resumo, o libro non estivo mal, pero gustaríame ler outro tipo de libro
porque ás veces a poesía resultame un pouco difícil de entender.
Atoparalo en Carlos Negro, Poesía
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)