ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/01/09

A conta atrás

Comentario de Noelia Rosende López

A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K


Pareceume un cómic de lectura rápida, aínda que de difícil comprensión, xa que xoga moito co tempo e o espazo.
A historia creo que non está mal como "acto de protesta"; aínda que para o meu gusto non é demasiado entretida. O que si me gustou foron as ilustracións, aínda que os personaxes secundarios non se diferencian ben.


28/01/09

A conta atrás


Comentario de Agustina González


A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K



Este libro enganchoume desde que o comecei a ler. Interesábame o seu contido e a situación posterior ao Prestige que contaba nas súas páxinas. Resultoume interesante e entretido. Non podo dicir que sexa divertido, porque o malo é saber que esa situación foi real, e resulta moi penosa.
O feito de que sexa unha novela gráfica creo que a fai máis interesante, a min, cando menos, enganchoume máis. Vaia, que o libro gustoume moito.

27/01/09

Os ollos de K


Comentario de Antía Iglesias Otero


Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia



Estruturalmente é un libro non moi fácil de ler, porque mestura as historias co transcorrer da vida dun escritor que nada ten que contar. Precisamente nisto radica o interese do libro.
Gustoume moito e fíxoseme moi curto. Nunca antes lera un libro destas características e encantoume.

26/01/09

Xuntos e máis nada


Comentario de Antía Iglesias Otero


Xuntos e máis nada
Anna Gavalda
Galaxia


Como vén sendo habitual, outro libro que me recomendan e que me encantou.

Nun principio, ao velo tan groso, pensaba que sería un tostón, pero ao ir lendo foime "enganchando" máis e máis.
Conta a historia de catro persoas que comezan unha vida xuntos e as duras condicións nas que se moven e como as van superando pouco a pouco.
É un libro con moito fondo e que chega moito.

25/01/09

Que me queres, Amor?


Comentario de Antía Iglesias Otero


Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia


Hai tempo que quería ler este libro, polo seu autor, pois xa lera máis libros del e gustáranme moito.
O libro é un libro de relatos, algúns son historias con final aberto e intrigante como "Só por aí" e outros son fermosísimos como "A lingua das bolboretas".
Un libro máis que recomendábel.

24/01/09

A conta atrás


Comentario de Thalía Troitiño González

A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K


Gustoume o xeito de estruturar o libro; pareceume orixinal o feito de que empezara contando a historia indo cara atrás no tempo. Isto fai que saibas como acaban as cousas pero non como empezan, polo menos ata o final do libro.
O tema que trata paréceme que é moi interesante, pois a mancha negra que se produciu hai uns anos nas costas galegas afectounos a tod@s @s galeg@s.
Considero o feito de que moita xente se amose en contra do goberno moi correcto, pois se este goberno non fixo nada para loitar contra o sucedido, aínda negándoo na súa magnitude, nin para mellorar a situación posterior, é xusto que non conte co apoio dos cidadáns.

Recomendo esta novela gráfica porque é moi fácil de ler e é entretida.

22/01/09

A conta atrás

Comentario de Patricia Taboada Espiño


A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K



Un conto curioso.
Gustoume o xeito de contar a historia, empezando polo final e rematando co do principio.
A historia en si non me gusta moito, pareceume un pouco aburrida.
Pero o tema que trata é moi importante, por sorte hoxe en día xa está o mar bastante recuperado.

20/01/09

A conta atrás

Comentario de Lorena Bibián Caramés

A conta atrás

Carlos Portela
Faktoría K


Pareceume un libro que quere reivindicar a natureza das costas galegas despois dun desastre tan catastrófico coma o do Prestige. Quere darnos a coñecer o feito de que, ao colaborar todos xuntos poderemos axudar ás nosas costas.
Tamén nos quere dar a coñecer os conflitos que houbo despois diso. Tanto os problemas como para os pescadores, para as praias e a costa en xeral como para o fondo mariño como para o ámbito político. Toda a polémica que xorde despois de haber ocorrido esa desgraza.
En xeral, gustoume.

19/01/09

A conta atrás


Comentario de Susana Cumbraos

A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K


Este pequeno relato en forma de cómic só nos intenta achegar á realidade tan penosa pola cal se rixe o mundo; o mundo no que vivimos. A conta atrás amosános as diversas caras de personaxes difentes e porén tan semellantes entre eles. Mesmo parece mentira que non nos queiramos decatar a maioría das veces de como somos un xoguete para aquele que teñen máis "recursos" ca nós. Neste caso, amosásenos a realidade, ou ben unha delas, do caso "Prestige", aquel petroleiro que sucumbeu ante as costas galegas deixándonos un milleiro de pegadas inesquecibles.
Este relato tenta expoñernos un bosquexo para ser capaces de analizar os porqués das cousas que nos atinxen.

16/01/09

A conta atrás

Comentario de Carla Gómez Ferradás

A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K



É un libro que reflicte a realidade da catástrofe vivida en Galicia.

Narra perfectamente como obran os políticos para gañar, enganando a toda a xente e como os mariñeiros afectados se quedan sen nada, coma quen din, na rúa.
E logo tamén explica todos os negocios que fan para taparlle a boca aos que saben algo que non deben.
Mágoa que esta sexa a realidade do noso país. Porque dá vergoña.

15/01/09

A conta atrás

Comentario de Eva García Bibián

A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K


Debo recoñecer que non me entusiasma demasiado ler cómics. Aínda non tendo predilección por este tipo de libros paréceme que se fai moi ben escribir por aquelas inxustizas que parece que se están a esquecer.
Creo que a denuncia que se quere transmitir está moi ben enfocada pero non me gusta o feito de que non sexa moi entretido xa que digamos que non é fácil seguir as lecturas.
Ao ser un cómic confeso que pensei que ía ser máis entretido e nese sentido decepcionoume.
Agardo ler unha segunda parte algo máis divertida pero seguindo na súa liña que nos fai descubrir a vida dos mariñeiros que se sentiron afogados con esa grande crise.

11/01/09

Os ollos de K


Comentario de Thalía Troitiño

Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


Este libro gustoume moito: móstranos a vida dun escritor de Ourense, quen se ve envolto nunha serie de sucesos que por pouco lle costan a vida.
É unha historia de intriga que en ningún momento che deixa adiviñar cal é o asasino ata o final, pois maxinamos calquera menos ese.
O feito de que a historia que o escritor vai escribindo coincida coa realidade que está a vivir fai que todo sexa máis misterioso e á vez estraño.
Sen dúbida ningunha, recomendo este libro xa que é moi entretido e divertido, deixa que a imaxinación do lector voe a un mundo emocionante.
Gustoume especialmente o xeito que tivo de atopar o título do libro.
Ademais, o pouco que lin de Kafka gustoume, o que constitúe un aliciente.
E a historia de Dimitrie, da súa familia, é apaixonante e podería ser real. Aínda que agardo que non o sexa!

09/01/09

Herba moura

Comentario de Thalía Troitiño


Herba Moura
Teresa Moure
Xerais



Ao principio este libro non me atraía moito, pero cando o comecei a comprender xa me gustou máis.
Gustoume que fose intercalando o que é a historia coas partes do libro do "Libro de mulleres de Helene Jans", pois dáballe un punto peculiar e característico.
En si, a historia de Helene paréceme apaixoante. O feito de que perdese a súa filla, o máis preciado na súa vida, vaina marcar para o resto da súa existencia. O que non soportei foi o feito de que Descartes (filósofo destacado) non recoñecese publicamente a súa filla, polo feito de estragar a súa gran sona. Paréceme moi covarde e descarado, pero polo menos pasou moito tempo con ela.
Considero a Helene unha gran muller, moi intelixente, traballadora e loitadora.
A min ensinoume que cando algo se quere non se debe rendir, pois se de verdade se cre niso pódese conseguir.
Recomendo este libro pois é moi entretido e sen dúbida paga a pena lelo.
Nalgúns dos fragmentos que se intercalan, amósannos os pensamentos daquela época, en referencia ás mulleres. É incrible como cambian as cousas co paso do tempo, pois antes consideraban a muller como un ser que só serve para dar vida, un ser ao servizo do home e ao que hai que compracer. Algo totalmente machista, depravado e reprobable.

08/01/09

As rulas de Bakunin

Comentario de Thalía Troitiño

As rulas de Bakunin
Miguel Anxo Murado
Galaxia



Gustoume moito este libro xa que relata os problemas que Galiza estaba a vivir na época anterior á implantación da ditadura franquista. O xeito que ten de contar a vida do protagonista, ao principio facía que me perdera pero ao pouco que levaba lido xa o entendía.
Unha das cousas que máis me gustou foron as cartas que Camilo lle escribía á súa muller morta, Rosalía. Nelas amosaba o gran cariño que lle tiña, canto a botaba en falta. Sorprende moito o feito de que non lle contase o da súa tía pero cheguei a comprendelo pois el queríaa tanto que non quería romper o lazo que os unía. Hai que ter en conta que el vivía con ese sentimento de culpa durante toda a súa vida.
Aclaro que a min sempre me apaixoou todo o referido á historia de Galiza, por iso sabía que este libro non me ía decepcionar. Poder enteirarse do que a xente tivo que pasar polo mero feito de pensar diferente, de teren ideas distintas, fai que me sinta agraciada por vivir nunha sociedade un pouco máis tolerante.
Un libro máis que recoméndabel que axuda a cavilar.