ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/06/14

O corazón de Xúpiter

Comentario de Patricia Lázara Framiñán
 
 
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
 
 
 
O que relata este libro, como o seu título fai entender, é unha historia de amor, pero un amor virtual. Os pais de Isla deciden mudarse de cidade e a ela cóstalle moito acostumarse, aínda que coñece a Mar e vólvense mellores amigas. Carballo, un rapaz da cidade, empéñase en facerlle a vida imposible a Isla e ela non sabe por qué. Casiopea é o nome que emprega a protagonista nos foros de astronomía que frecuenta, pois é unha gran afeccionada das estrelas e do espazo en xeral. Nestes foros coñece a Xúpiter, polo cal comeza a sentir algo máis que afecto pero el non quere darlle ningún dato sobre a súa vida real, despois de moitos meses falando pola internet deciden citarse na noite de San Xoán, pero non todo é tan fermoso como parece. 
A verdade é que este libro nin me gustou nin me desgustou. Cando comecei a lelo pareceume esxtraño, pero pronto comprendín que estaba comzando case polo final! O que máis me gustou foi o tema do amor e da amizade, que podemos observar en Mar e Isla, Anxo (un amigo de ambas), etc... O que menos me gustou foi o final, sen dubidalo. Quero sinalar unha frase que dicía a avoa de Anxo sobre as medusas: "Cando vexas demasiadas, bótate a tremer". 
Por último, recomendaríallo a aquelas persoas que lles guste sorprenderse cos finais. 

 

Erros e Tánatos

Comentario de Alberto García Fernández


Erros e Tánatos
Gonzalo Navaza
Xerais
 

Este é un libro formado por dez relatos nos que se nos contan historias diferentes, pero todas elas teñen en común que as falsas apariencias inducen a erros que incluso poden levar a morte. Pareceume un libro moi bonito e ao ser relatos pequenos fai que se lea rápido. Gustoume moito como se emprega o humor para contar os erros e tamén os distintos personaxes que hai.
   O relato que máis me gustou foi "A proba do alfinete" porque se intenta adiantar ao erro e sáelle mal, cousa que non me esperaba.
   En resumo recomendaríallo a calquera que se queira divetir un pouco lendo.

29/06/14

O asasinato de Roger Ackroyd

Comentario de Martina Domínguez

O asasinato de Roger Ackroyd

Agatha Christie
Galaxia 




O libro da famosa escritora Agatha Christie, "O asasinato de Roger Ackroyd" tíñame boa pinta cando o collín e comeceino a ler con ganas. Custoume un pouco engancharme, pero, unha vez que o fixen, lino dun plumazo.
A historia conta un asasinato é como o investigan despois. O que máis destacaría do libro é o seu simple e, á vez, inesperado final que me encantou. Aínda que recalco que me pareceu incribel a última páxina, ver como unha persoa pode estar así de transtornada parecendo tan corda.
Os personaxes non están moi caracterizados e iso deixa que a imaxinación voe á hora de pensar nos feitos e en como son. A historia transcorre un pouco lenta e ten cousas algo enrevesadas, polo que hai que lelo prestándolle moita atención. E, se ti mesmo queres descubrir ao asasino, quedarse con todos os detalles que vai narrando o protagonista mentres conta a historia.
E que ninguén vaia pensar que aquí só hai suspense! É ben certo que non profundiza neso, pero tamén se narra unha historia de amor que ramifica noutras dúas inesperadas.
Así que, se che gustan os libros de misterios e queres pasar un bo rato, recoméndoche que empeces a ler xa unha das mellores novelas de Agatha Christie!
 

Nun lugar chamado Guerra

Comentario de Sonia Framiñán


Nun lugar chamado Guerra
Jordi Sierra i Fabra
Galaxia




  Non teño apenas palabras para describir este fantástico libro. Este móstranos a crueldade da situación nunha guerra, de primeiro plano. Describe con perfección as sensacións vividas ante tal situación, as circunstancias nas que os habitantes, periodistas e en definitiva a xente involucrada ten que vivir ante tal catástrofe. A historia mostra moitos grandes valores, a honestidade, amizade e a forma en que ante tal situación as persoas deben aliarse para sobrevivir.
   Soamente podo decir que me encantou o libro moitísimo, que nos axuda a comprender e abrir os ollos un pouco máis ao mundo no que vivimos e que apenas sabemos nada acerca dalgunhas situacións como son as guerras. A historia do rapaz, Milo, pareceume totalmente admirante e ao mesmo tempo ofreceume unha imaxe dura, un rapaz de doce anos en tales condicións.
  É un libro totalmente recomendable, que a ninguén lle vén mal lelo e de seguro lle encantará.