ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/01/08

Unha soidade demasiado ruidosa

Comentarios de Cristina Ares Carballude

Unha soidade demasiado ruidosa
Bohumil Hrabal

Rinoceronte

Teño que dicir que cando lin o título do libro encantoume, pero o que non me esperaba era encontrarme con este relato que sinceramente me decepcionou, o que non quere dicir que me disgustara porque abofé que me gustou, fíxome pensar e creo que podo dicir que tirei como unha especie de moralexa.
Cando o rematei, quedei triste, pensativa, o libro deixoume reflexionando, pero non sei dicir sobre qué... Isto é o que máis me atrae do libro.

Ollos de auga

Lectura e comentarios de Thalía Troitiño González

Ollos de Auga
Domingo Villar
Galaxia


Paréceme un libro moi interesante e sobre todo moi entretido, ao ser un libro de misterio. Esta novela policíaca amosa o que é a vida e o traballo dun axente de policía que ten un gran prestixio pola súa colaboración nun programa de radio.
Terá que resolver unha serie de acontecementos entre os que está a morte dun músico.
O protagonista amosa o seu xeito de pensar con respecto ao persoal e ao laboral e á súa maneira de actuar. Dáse conta de que moitas veces guiarse polo seu instinto lle resulta acertado, pero tamén se decata de que ás veces non é así.
Choca coa forma de ser do seu axudante, que é espontáneo e incapaz de parar os seus impulsos.

Recomendo esta novela porque é apaixoante. Ademais, cando parece estar descuberto o misterio, o protagonista condúcenos ao verdadeiro final.

Os dous de sempre


Comentario de Enma Vázquez Rivas


Os dous de sempre
Castelao
Galaxia




Con esta novela vese desde dúas personalidades diferentes como era a vida de Galiza no século pasado. Os protagonistas da historia son Pedriño, que é o fillo máis vello dunha familia pobre e ten unha tía que o protexe moito, e Rañolas que é orfo de pai e nai borracha; ao contrario que Pedriño non terá quen o protexa e loitará polo que non loita Pedriño, por unha vida mellor.

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Comentarios de Eva García Bibián

O señor Ibrahim e as flores do Corán
Éric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K




Dáme vergoña pensar no moito que nos queixamos os adolescentes pola situación das nosas casas, dos nosos pais, da nosa familia... cando outras persoas non teñen nin eses pais nin esa familia da que nós tanto nos queixamos.
Que impotencia ao saber no que uns pais converten ao seu fillo. Aquel que aprende cousas só, aquel que ten como mestre a vida mesma.
E onde vai a súa infancia? Unha infancia máis dura do que ninguén imaxina, unha infancia solitaria.
Hai unha frase que me gustou moito: "Cando queres saber se estás nun sitio pobre ou rico, miras para as papeleiras..."
Agrádame saber qeu hai xente cunha infancia traumática que pode sacar a vida adiante e que pode superar esas cousas que tanto dano lle fixeron no pasado. Porén, hai xente que non o conseque, o que me provoca moita mágoa.
Por outra parte fascíname este libro polo referente ás razas, nel non se amosan esas diferenzas, nin eses inconvintes que nes sociedade se lle pon á convivencia entre persoas de diferente raza.
Neste libro amósase que é tan fácil comunicarse con persoas doutra raza ou crenza coma da mesma. Espero que isto se poida dicir da realidade e non dun libro.

Seda


C
omentarios de Eva García Bibián

Seda
Alessandro Baricco
Rinoceronte



A dicir verdade quedei un pouco decepcionada, pensei que me ía gustar máis ou que, cando menos, me sorprendería.
Co único que me podo sentir un pouco máis a gusto do libro quizais sexa a parte das cartas de amor, posto que me abraiaron. Penso que te pode enganar calquera persoa, mesmo a que máis te quere; é admirable o que as persoas poden chegar a sufrir en silencio. Un silencio que nos mata, que nos magoa e que calamos.

O diario vermello de Carlota

Comentarios de Noelia Rosende


O diario vermello de Carlota
Gemma Lienas
Editorial Galaxia



En xeral, o contido do libro non me sorprendeu demasiado. Pero supoño que é porque moitas das cousas e da información que nos dá, xa nolas deron o ano pasado nunha charla sobre sexualidade; de todos os xeitos, non está nada mal volver a informarse de temas que nos concernen directamente.
Penso que este libro está moi ben para resolver moitas das dúbidas sexuais que se poden ter. Pero sinceramente, a min as partes que máis me gustaron foron onde conta os líos e as sensacións que experimenta cos seus dous mozos (ou amigos?)
Tamén o que me pareceu interesante foi o claro exemplo dunha persoa que anda a dúas bandas, pero nunca me parara a pensar en qué pensa esa persoa nese momento. De todos os xeitos, creo que o que lle pasaba a Carlota lle pasa a moita xente porque, que valoramos máis, o físico ou o psíquico???
A miña opinión é que por moi boa que sexa unha persoa, se non te atrae fisicamente, non hai nada que facer porque non te vas sentir cómodo con el ou ela.

O neno do pixama a raias

Comentarios de Sara Vallo Munín

O neno do pixama a raias
Jhon Boyne
Faktoría K



O libro gustoume moitísimo.

Ao principio confundía os nomes, ao estar cambiados. Pero cando o comprendín, gustoume moito. É, desde logo, un libro moi interesante. Amosa con precisión como lle ocultaban aos rapaces alemáns a situación do seu país. Creo que é algo inxusto, xa que son as futuras xeraciónsa as que padecen as consecuencias das guerras.
Este libro tamén fala da AMIZADE. De que non fai falta ser de ningunha clase para ser amigo de ninguén. Que a amizade non ten barreiras. Que a amizade non entende de razas, nin de cultura, nin de diñeiro... que amigos PARA TODA A VIDA son aqueles que te comprenden e te comparten.

20/01/08

Diario de Ana Frank

Comentarios de Sara Vallo Munín


Diario de Ana Frank
Kalandraka


Ana Frank, de certo xeito, recordoume a min mesma no sentido de que sempre se preocupa máis polas pequenas pelexas da casa, que polo que está a pasar fóra. Dáse conta de que ás veces é inútil contestar, e cala, aínda levando a razón.
A súa vida é cada día menos normal. Os alemáns están a invadir Holanda, a patria da protagonista, e cada día é máis perigoso vivir alí.
Decide crear unha amiga imaxinaria pola falta dunha amiga real. Cóntalle as súas vivencias, a vida cotiá na Casa de Atrás. Parécelle inxusto rir no medio de tanta infelicididade. Pouco a pouco vai madurando e percatándose do perigo no que viven.

Moitas veces oíra falar deste libro e pensaba nel como algo diferente, non sei, máis cruel. É o diario dunha nena de trece anos. Os campos de concentración só se nomearon unha vez, e eu crin que ía desenvolverse neles.

O libro gustoume moito, pero ás veces é un pouco repetitivo. Unha das cousas que máis me impresionou é a vida aparentemente normal que levan na Casa de Atrás. E destacaría como os pais tentan impoñer as súas ideas aos seus fillos.

13/01/08

Cianuro espumoso

Comentarios de Lorena Bibián Caramés

Cianuro espumoso
Agatha Christie
Galaxia




Libro 1º:

Ao principio non entendo moi ben pero en canto me vou metendo no papel de todos os personaxes todo cambia. A cada paso voume preguntando: Cando? Onde? Por que? Resulta moi interesante.

Libro 2º:
Estou coa boca aberta, non podo crer o que vén de acontecer, algo totalmente inesperado. Unha das frases que me gustou, aínda que non sei por que, é: "Non se pode vivir no pasado. Vive no presente" Cando a lin alegreime, pero non sei por que.
Estou desexando saber o final.

Libro 3º:
Quedei coa boca aberta, non o podo crer, algo que non podería maxinar.

É un libro moi bonito, gustoume máis có anterior e ten máis intriga e emoción que o outro, polo menos para min. Todo cambia nun abrir e pechar de ollos. Remata de xeito diferente a como o propoñía nun principio. Impresionante. Recoméndollo a todas aquelas persoa que gusten dos libros de intriga e policíacos.

Xuntos e máis nada

Comentarios de Susana Cumbraos

Xuntos e máis nada
Anna Gavalda
Galaxia



París, exactamente ao pé da torre Eiffel. Alí discorre a historia deste libro, a historia de catro persoas que pouco teñen en común, catro vidas perdidas que devalan no mundo ríspido da cidade, uns ninguén. Catro supervivintes que van aprender a compartir os medos, as esperanzas, a tenrura, a amizade, os desencontros. Este libro está escrito dende a experiencia da fraxilidade do ser humano, ese delicado equilibrio entre felicidade e desalento.
Son catro persoas doídas pola vida. Un pasado penoso. Pouco a pouco, a paz. E nós, lectores, compartimos con eles. Dende o amor que nace ata o desamor que foxe rapidamente.
Sen dúbida este libro está moi ben e é doado de ler, polo que penso que lle vai gustar a moitas persoas, se están dispostas a mergullarse nas súas páxinas para aprender un pouco máis da vida.
Tamén teño ganas de ver a película que veñen de realizar, aínda que temo os resultados.

09/01/08

Xuntos e máis nada

Lectura e comentarios de Thalía Troitiño González


Xuntos e máis nada
Anna Gavalda
Galaxia



Esta novela non me gustaba ao principio, pero a medida que a ía lendo ía cativándome.
Relata a historia de catro persoas moi diferentes que comezan a apreciarse.
Philibert é unha persoa encantadora, soñadora, de liñaxe aristocrática, moi culto.
Franck é groseiro, divertido. Gran cociñeiro. A súa vida está marcada polo abandono da súa nai.
Camille está extremadamente delgada, é infeliz e deprímese frecuentemente. Unha gran pintora que fai limpezas en grandes almacéns. Marcada pola morte do pai e a vida da nai.
Paulette é a avoa de Franck, tivo que abandoar a súa gran casa pola súa enfermidade e soidade.
Acaban vivindo todos xuntos, de aí o título.
Axúdanos a comprender o dura que é a vida, pero que sempre hai esperanza, que hai que loitar por ela.
Tamén me gustou a historia de amor que se vive, porque é algo en principio impensable pola diferenza de caracteres.
O final é o máis esperable
O libro gustoume moito.

Silencio no corazón

Comentarios de María Agustina González


Silencio no corazón
Jaume Cela
Galaxia



Gustoume moito o libro porque pertences á súa historia, sentes o que eles senten e ves en primeira persoa como van madurando, como sofren, como aman, ves os seus temores, as súas preocupacións...
Está ben porque nos conforma unha imaxe da situación da gerra civil: as preocupacións, os odios, os medos, a soidade, a angustia. Ver pasar o tempo coa esperanza de que algún día chamen á porta e que sexan os seres queridos que marcharon ao frente. O medo a perder a propia vida.
Non me gustou a parte do libro no que se ve como se perden aos seres queridos. Gustoume ver como Xoán se preocupaba do seu amigo, os primeiros amores...
Seguro que se o ledes non vos arrepentiredes.

Asasinato no Orient Express

Comentarios de Carla Gómez Ferradás


Asasinato no Oriente Express
Agatha Chistie
Galaxia



É un libro moi interesante pero cun final mois estraño. Ao lelo esperas que se tope un asasino pero non o que acontece.
Resulta un libro con moita intriga e moi emocionante, queres lelo a présa para averiguar o final. O que máis me gustou foi a conclusión: ás veces botamos a culpa pola apariencia pero iso é un erro.

Diario de Ana Frank

Comentarios de Thalía Troitiño González


Diario de Ana Frank
Kalandraka


Non me impactou tanto a lectura deste libro como a primeira vez que escoitei a súa historia, o ano pasado, nun traballo sobre o nazismo.
Paréceme alucinante que persoas apoien a un ditador, e sigan as súas formas, pois se elen non o fixesen seguramente isto non tería pasado, pero a codicia e o poder ter unha boa vida a costa da dos demais vale máis que o dereito á liberdade, á xustiza e ao respecto.
Ana pareceume unha rapaza con moita cultura e moi lista, aínda que lle digan que a irmá é moito mellor ca ela. Quizais foi un pouco inxusta coa súa familia, pero eles tampouco se quedaron atrás. Critícana continuamente e iso non me parece xusto, posto que en moitas ocasións son os maiores os que erran.
Se Ana vivise converteríase nunha gran escritora pois ten unha grande destreza para describir o que lle acontece e os seus sentimentos.

Ollos de auga

Comentarios de Enma Vázquez Rivas

Ollos de Auga
Domingo Villar
Galaxia


Este libro recórdame aos de Holmes, Leo Caldas é Holmes, e Rafael é Watson. Leo Caldas é un inspector de policía que compaxina ese traballo coa radio.
O libro encantoume xa que ten un punto cómico pero de intriga, como cando resolve o caso do asasinato dun saxofonista.
Recoméndoo a todos os que lle gusten os libros de misterio e policíacos.