ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/01/15

Reo

Comentario de Vanesa Lalín


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 
 
     Cando collín o libro,  co seu título, Reo, pensei, isto debe ser unha novela policíaca, pero ao ler a contraportada xa vin que non tiña nada que ver, aínda que no fondo o protagonista si era o responsable de certas cousas, pero algo que calquera rapaz pode chegar a ser.
     Eu non coñecía moito sobre o mundo do graffiti, pero grazas a este libro deime de conta da maneira de pensar e vivir doutros rapaces que son coma calquera de nó , cos seus propios problemas e liortas como temos todos aínda que non o queiramos recoñecer a estas idades, pasándonos o mesmo que os rapaces da historia, en certas ocasións, non falamos con nosos pais chegando así a que pequenas situacións se convirtan en algo moito máis serio.
     Por outro lado penso que os que se dedican a facer gaffitis, a través  del intentan transmitirnos os seus sentimentos xa que doutra forma ás veces resultalles imposible facelo, como lle pasaba a Reo  na historia, pero si demostrou que a verdadeira amizade é algo moi valioso ,e non se debe botar a perder.
Ao longo do libro fala dos problemas que ocasionan as drogas, o cal lle pasou a un dos seus amigos, isto faime reflexionar moito xa que creo que me podería identificar con todo  o que se di no libro, a vez que reflexionei sobre o importante que é comunicarse cos noso pais..

30/01/15

Reo

Comentario de Carla González Silva


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 

O libro de Reo teño que dicir que quizais non foi dos que máis me gustou; pareceume interesante á hora de aprender cousas sobre os grafittis, os nomes que empregan, os distintos tipos de rotuladores  pero sobre todo, ensínanos que empregan os grafittis como un xeito de expresar todo o que senten ou pensan.
Reo nesta historia tamén nos ensina que non sempre as cousas saen como queremos  senón que tamén se poden truncar como é o caso del cando o colle a policía e o leva a comisaría un feito que enfada os seus pais que nunca se imaxinaban que Reo fose grafitteiro. 
Unhas das partes que máis me gustou desta historia foi o amor que xorde entre Cora e Reo que dende un primeiro momento imaxinei que rematarían namorados. Algo que resaltou a miña atención
foi o vocabulario empregado polo escritor, utiliza palabras e cousas moi recentes e iso gustoume.
Teño que dicir tamén que foi un dos libros máis sinxelos de ler, e que aínda que a min non fose dos que máis me gustase mandaríallo ler a todas aquelas persoas que lle interese o mundo do grafitti ou  queiran aprender algo sobre este mundo que a maioría da xente pensa que é algo malo.

29/01/15

Reo

Comentario de Noelia García


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 


O libro de "Reo", gustoume moito debido a que a historia que lle sucede ao rapaz na vida real ocorre moitas veces. Porque os rapaces e rapaces da súa idade tamen teñen afeccións que aos pais non lles gustan e teñen  que facelo ás agachadas. E creo que se xuntou con ese grupo de rapaces tamén é porque aos demais lles pasaba o mesmo, a cada un dábaselle ben unha cousa, uns rapear, outros a música, outros o grafitti...etc. Os seus pais non o entendían, o que de verdade o entendía era o seu avó e tamén o seu profesor que foron os que lle deron os consellos e lle axudaron. 
O final foi triste porque o seu amigo morre, e os demais compañeiros aínda que non sabían moito del queríanlle.

Reo

Comentario de Sergio Saavedra


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 
 
O libro “Reo” trata dun rapaz que ten como afección facer grafitis coa súa sinatura por toda a cidade. Tiña un inimigo chamado Virus, co que mantiña unha loita por ver quen era o rei da cidade. Virus acabou no cárcere porque o gravaron as cámaras facendo un grafiti.
Cando pensaba que xa era o rei  apareceulle outro inimigo, Oni, co que volveron empezar as loitas de grafitis.
 Ademais de todo iso ten outros problemas: namora dunha moza, o seu pai queda no paro e, na casa, a súa familia non estaba de acordo con que se dedicase a facer grafitis porque querían algo máis proveitoso para el.

A verdade:  non me gustou moito, é moi aburrido e repetitivo. As batallas con Oni, por exemplo, eran excesivas e todas do mesmo xeito.
En canto ao vocabulario, custoume entender algunas expresións, como por exemplo cando falaba, ao principio, dos nomes dos tipos de grafitis, as “potas” ou  as “pezas”.
En resumo, non me entretivo tanto coma outros libros que teño lido e non sería un libro dos que eu recomendaría.

28/01/15

Reo

Comentario de Francisco Rodríguez


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 
 
 
Este libro, chamado REO é para min un dos mellores, ou o mellor libro que lin, xa que a cada páxina que lía, no único que pensaba era en seguir lendo sen ter en conta nin a hora, nin se tiña algunhas actividades pendentes, nada. Iso para min é a cousa máis importante que debe ter un libro. 
Pero non só me namorou este libro por iso, senón porque engloba case todas as cousas que me encantan tanto nos libros, nas películas, coma incluso nas series. Esas cousas que eu creo fundamentais son, por exemplo: o amor complexo entre Reo e Cora, unha rivalidade por ser o mellor como é a de Reo-Virus e posteriormente Reo-Oni, que trate temas da actualidade coma o consumo excesivo da droga, que desembocaba na morte de Chagui, e sobre todo que un grupo de rapaces cunhas pintas e cun gusto algo diferente, o típico que é raro que a alguén non lle guste o fútbol por exemplo, ou que tamén vese mal o de levar os pantalóns polo fondo do cú, pero para min totalmente respetable, conseguen unirse e formar unha amizade tan grande que ata se chega a chamar  "familia".
Por outra parte, encantoume o hobbi destes rapaces xa que eu era un dos moitos que non sabía apreciar algúns graffitis como o que son verdadeiramente, unha arte propiamente dita. As palabras de Reo fixéronme reflexionar sobre o do graffiti e agora cando paso por diante dun, véxoo dunha forma moi diferente. ENCANTOUME a frase que dicía Reo cando pasaba  por diante dun graffiti feito por el mesmo:"eu estiven aquí", tamén entendo agora a emoción que eles debían de sentir ao facer calquera "pota".
Quizais o único "pero" que lle podo poñer é que nos deixasen a todos coa mel nos beizos co tema de Oni xa que non nos acaba de desvelar a súa identidade.
Sen e Rai foron os personaxes que menos me gustaron, non sei se por que o tema do rap é mais normal co do graffiti ou que non lle encontrei esa atracción que si encontrei nos outros. E Cora encantoume, non só porque me gustaba ó imaxinarma, xa que aparecía moi, moi guapa na miña mente senón porque tamén comprendo o seu problema e entendo a súa maneira desesperada de buscar unha solución.
En definitiva, un libro case perfecto.