O libro “Reo” trata dun rapaz que
ten como afección facer grafitis coa súa sinatura por toda a cidade. Tiña un inimigo
chamado Virus, co que mantiña unha loita por ver quen era o rei da cidade.
Virus acabou no cárcere porque o gravaron as cámaras facendo un grafiti.
Cando pensaba que xa era o rei apareceulle outro inimigo, Oni, co que volveron empezar as loitas de
grafitis.
Ademais de todo iso ten outros problemas:
namora dunha moza, o seu pai queda no paro e, na casa, a súa familia non
estaba de acordo con que se dedicase a facer grafitis porque querían algo máis
proveitoso para el.
A verdade: non me gustou moito, é
moi aburrido e repetitivo. As batallas con Oni, por exemplo, eran excesivas e
todas do mesmo xeito.
En canto ao vocabulario, custoume
entender algunas expresións, como por exemplo cando falaba, ao principio, dos
nomes dos tipos de grafitis, as “potas” ou
as “pezas”.
En resumo, non me entretivo
tanto coma outros libros que teño lido e non sería un libro dos que eu
recomendaría.
1 comentario:
Este libro de Xesús Fraga foi dos libros que máis me gustou este curso. O personaxe de Reo gustoume moito e pareceume moi interesante, así como o personaxe Chagui non foi dos que máis me gustou. Costoume empezar a ser sincero pero unha vez que empecei enganchoume moito. O que menos me gustou foi o non saber e quedar ca intriga sobre quen era Oni. A pesar disto foi un libro moi entretido en partes como a escapada de Reo e Cora ou a festa final na que falece Chagui.
Publicar un comentario