Este libro,
chamado REO é para min un dos mellores, ou o mellor libro que lin, xa que a
cada páxina que lía, no único que pensaba era en seguir lendo sen ter en conta
nin a hora, nin se tiña algunhas actividades pendentes, nada. Iso para min é a
cousa máis importante que debe ter un libro.
Pero non só
me namorou este libro por iso, senón porque engloba case todas as cousas que me
encantan tanto nos libros, nas películas, coma incluso nas series. Esas cousas
que eu creo fundamentais son, por exemplo: o amor complexo entre Reo e Cora,
unha rivalidade por ser o mellor como é a de Reo-Virus e posteriormente
Reo-Oni, que trate temas da actualidade coma o consumo excesivo da droga, que
desembocaba na morte de Chagui, e sobre todo que un grupo de rapaces cunhas
pintas e cun gusto algo diferente, o típico que é raro que a alguén non lle
guste o fútbol por exemplo, ou que tamén vese mal o de levar os pantalóns polo
fondo do cú, pero para min totalmente respetable, conseguen unirse e formar
unha amizade tan grande que ata se chega a chamar "familia".
Por outra
parte, encantoume o hobbi destes rapaces xa que eu era un dos moitos que non
sabía apreciar algúns graffitis como o que son verdadeiramente, unha arte
propiamente dita. As palabras de Reo fixéronme reflexionar sobre o do graffiti
e agora cando paso por diante dun, véxoo dunha forma moi diferente. ENCANTOUME
a frase que dicía Reo cando pasaba por diante dun graffiti feito por el
mesmo:"eu estiven aquí", tamén entendo agora a emoción que eles
debían de sentir ao facer calquera "pota".
Quizais o
único "pero" que lle podo poñer é que nos deixasen a todos coa mel nos
beizos co tema de Oni xa que non nos acaba de desvelar a súa identidade.
Sen e Rai
foron os personaxes que menos me gustaron, non sei se por que o tema do rap é
mais normal co do graffiti ou que non lle encontrei esa atracción que si
encontrei nos outros. E Cora encantoume, non só porque me gustaba ó imaxinarma,
xa que aparecía moi, moi guapa na miña mente senón porque tamén comprendo o seu
problema e entendo a súa maneira desesperada de buscar unha solución.
En definitiva,
un libro case perfecto.
1 comentario:
O libro gústoume; pero non é moito do mèu estilo, a parte que máis me gustou foi cando marcharon no camión.
Reo é un rapaz o que lle gusta moito pintar; pero ten que pensar o que quere facer coa súa vida, o séu futuro, coma todos os rapaces e rapazas, e non pensar só en divertirse e pasalo ben.
Publicar un comentario