A novela de Ledicia Costas titulada Unha
estrela no vento paréceme unha novela moi axeitada para os adolescentes porque
contén problemas que podemos ter calquera de nós como o encontro do primeiro
amor, as pelexas polo que un pensa ou o valor da verdadeira amizade fronte a traizón.
Miguel, o
protagonista, é o típico adolescente que intenta aprobar o curso facendo o
mínimo posible, que está farto de case todo o que o rodea agás a súa nai, a súa
noiva Reina e todos os
seus amigos menos o Maqui, que é o único co que se enfada e o acaba traizoando. Por outra parte, unha personaxe que me gustou moito foi Abel. É un rapaz que ten unha minusvalía física, pero que resulta bo e máis listo do que parece. Os seus pais morreron nun accidente de tráfico e ten que ir vivir con coa familia de Miguel. Cambia totalmente
de ambiente xa que onde vivía non tiña moitos amigos e dende que se traslada
de domicilio empeza a saír de festa con amigos de Miguel e intégrase moi ben no seu
grupo.
A novela dá unha mensaxe positiva coa que intenta apoiar a toda a xente con algunha minusvalía e iso gustoume.
O final da
novela coa morte de Abel foi algo que me impactou moito e desagradoume, pero é un
desenlace moi orixinal que manda unha mensaxe clara: NON Á VIOLENCIA.
Miguel
deixa claro que as pelexas non levan a ningún bo porto, a nada bo. Só falando enténdese a xente.
Sen comentarios
Publicar un comentario