Reo é unha novela
na que un mozo amosa as súas inquedanzas a través da cultura urbana e na que
aparecen algúns dos problemas aos temas que se enfrontan os rapaces de hoxe en
día; dende o problema da droga, el ve como un compañeiro morre, ou ás
diferentes tribus urbanas na que cada un intenta oporse e gañar aos demais.
Vemos tamén como se namora ou como ve ao seu pai deitado no sofá deprimido porque queda no paro.
Quizais todos
quixéramos ser Re e pór as nosas
formas de pensar, as nosas denuncias ou a moza a que queremos nas paredes da
nosa cidade... No antigo Manuel Rivero chama a atención unha moza con grandes
ollos azuis que amosan tal vez o carácter aberto do seu pintor... A liberdade de expresión debe ser un dereito
e Reo amósao na súa obra.
Sen comentarios
Publicar un comentario