Este libro de Xesús Fraga non foi un libro que me chamara
moito a atención, nin foi un dos mellores que lin. Quizais pareceume un pouco
monótona a guerra entre grafitteiros. Aínda que penso que non os deberían ter
tan controlados, porque Reo só utilizaba o graffiti como medio de expresión,
non o utilizaba como medio de vandalismo, é dicir, non escribía en monumentos
nin en lugares emblemáticos.
Ademais, moitas veces cando un vai pola
rúa e observa as pintadas e frases que hai, sácanche sorrisos, porque verdadeiramente
che transmiten algo. Polo que na miña opinión creo que esa arte, tamén se
debería valorar, e, en vez de pintar en paredes ou baixos, poderiamoslle adicar
ou ceder algúns muros, para que plasmaran neles os seus pensamentos, e así que
todo o mundo puidera expresarse.
Foi un libro que non me chamou demasiado
a atención pero que me resultou doado de ler. O que si me gustou é como o
autor introduciu na novela mensaxes que nós estamos acostumados a mandar e
recibir, como por exemplo son os whatsapps; ese asubíos que se andan a escoitar
a diario nas rúas, nas casas, bares..., tan comúns aos nosos días.
Deste libro o que máis me intrigou foi
a amizade que xorde entre Cora e Reo e a súa fuga. Non pense, que iso quedara
tan só nunha amizade, e sempre imaxinei
que acabarían sendo algo máis que amigos.
É un libro co que aprendes algo sobre a
vida dos grafitteiros e á xente que lle guste isto dos grafittis é un libro que
lle vai gustar, polo que llo recomendo.
Sen comentarios
Publicar un comentario