O libro Reo
de Xesús Fraga é unha novela que me gustou porque o tema que trata chamoume a
atención.
En primeiro
lugar, destacaría o vocabulario e as expresións que utiliza o autor porque son
coñecidas e fáciles de entender para nós, a xuventude.
Dos
personaxes, os que máis me gustaron foron Rai e Sen pola forma de vestir e
porque compoñían música como a que me gusta.
Tamén
disfrutei dos enfrontamentos que tivo que pasar o protagonista para chegar a
ser o rei da cidade, e por suposto da vella discoteca abandonada ou como eles a
chamaban a “A-100”.
O máis
negativo foi cando Chagui aparece na “A-100” e se encontra con toda esa xente
que viñera a presentación de DobreDose e reacciona violentamente.
En
conclusión, creo que esta obra gustaralle
non soamente aos afeccionados ao graffiti senón tamén ás persoas que queiran
descubrir novas formas de expresión. A min foi un libro que non me disgustou en
absoluto.
Sen comentarios
Publicar un comentario