Comentario de Julia Cacheda Couto
Reo
Xesús Fraga
Galaxia
Reo
Xesús Fraga
Galaxia
O libro 'Reo' de Xesús Fraga
defraudoume bastante e ao mesmo tempo ensinoume algo sobre o mundo do
grafitti. Reo é o rei dos grafitteiros no seu barrio. Fainos ver dende outro
punto de vista o seu mundo, non coma o que eu me imaxinaba que era a típica
xente que se aburría e collía o aerosol para pasar o tempo, non, nese mundo hai
loitas polo trono, competencia, persoas que o único que coñeces delas e o seú
alcume e o estilo da súa pota, perigo, perigo de que te collan, grandes amigos e
unha rapaza especial.
Este libro tamén trata problemas que temos ao
entrar na adolescencia como por exemplo chegar ao nivel de non manter ningun
tipo de relación cos teus pais, só o 'Ola' ao chegar a casa.
Os personaxes que
máis me gustarón foron os dos xemelgos Seen e Rai, que cos seus enxeñosos raps
fan o libro máis ameno. O que me decepcionou do libro foi que non se resolvera a
trama de Oni, se non nos di quen é, por que o autor crea o personaxe? Parece que se
cansou de escribir e dixo "bueno, aquí o deixo, que o imaxinen os
lectores".
Sen comentarios
Publicar un comentario