ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Suso de Toro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Suso de Toro. Amosar todas as publicacións

08/11/14

Unha rosa é unha rosa


Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais

"Unha rosa é unha rosa" escrito por Suso de Toro é un libro interesante e á súa vez divertido, no que se expón un tema, neste caso a avaricia. 
Quizais nun primeiro momento o libro che dea a sensación de ser aburrido e pouco entretido pero cando o comezas ler, esa sensación vai desaparecendo da túa mente e durante a historia segues pasando páxina tras páxina case sen decatarte. Ademais de ser entretido , esta obra é moi cómica a pesar de que haxa un asasinato ao comezo do relato. O seu final é aberto, o que me gustou moito xa que ao rematar a historia non sabemos que foi da inocente Rosiña. Outro tema que me gustaría destacar e do que te fixas unha vez que rematas o libro, é que o título é algo dubidoso, xa que nel o único que aparece relacionado coa historia é a palabra "rosa" que neste caso é o nome de dúas das personaxes que aparecen na obra.
Para rematar, o que quero dicir é que este libro pode dar mellores sensacións se o modificamos un pouco en canto ao título pero pola outra parte, é un libro que eu recomendo xa que é moi sinxelo de ler e ademais a súa historia case seguro que che vai acabar convencendo e deixándote con ganas de seguir lendo.

07/11/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Carla González Silva


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 
 
Nunca lin un libro escrito en forma teatral , esta é a primeira vez, e non me disgustou nada.
Penso que Suso de Touro se inspirou nalgunha novela da televisión ou na realidade da vida 
cotiá. Tratase dunha comedia moi entretida que o mesmo nos demostra que somos per-soas moi egoístas que só pensamos nos cartos  .

Cando estaba pola metade do libro sentía un pouco de furia xa que os personaxes actuaban de moi mala forma e eran totalmente uns criminais que merecían ser ben castigados.
Rematado de ler este libro fíxome reflexionar sobre que hai que vivir a vida ao máximo e que temos que coidar dos nosos maiores xa que non son para toda a vida e pódennos apor-tar cousas moi valiosas e demostran todo o seu cariño hacia nós e que nunca nos podemos queixar do que nos deixen en herdo, e que temos que darlle o dobre de valor e telo sempre como un bo recordo. 

Unha das cousas que máis me impresionou deste libro foi que unha vez que comenzei a lelo non puiden parar, xa que me quedaba con unha pequena intriga do que pasaría cos personaxes , e iso é algo que me chamaba a atención.

A dúbida coa que me quedo unha vez rematado o libro, e a cal me gustaría resolver é o título do libro ``unha rosa é unha rosa´´ xa que non son capaz de asocialo a nada  acontecido nesta comedia de medo a cal non me produciu medo senón moita risa, porque o autor  emprega a que nós chamamos `` retranca do galego´

06/11/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerai



A obra de teatro de Suso de Toro que limos neste trimestre gustoume. Persoalmente gústame ler teatro porque resulta entretido e a lectura fáiseme máis amena, pero se ademais a temática é de humor coma neste caso moito mellor aínda.
Ao principio pensei que o libro ía ser de medo porque o subtítulo ,“unha comedia de medo”, fíxome pensar iso, pero xa dende a escena primeira cando a Vella Rosa chama ao sobriño “Pololo, o do lunar no Pirolo” (p. 14) decateime de que esta obra non ía dar precisamente medo. Debo confesar que cando mirei a portada e vin un pétalo de rosa tamén pensei que ía ler algo romántico. Nada de nada. Rosa había, pero era unha pantasma rencorosa pouco romántica.
A Vella Rosa é precisamente a personaxe que máis me gustou. Primeiro é moi boa , boa de máis, case unha miñaxoia, pero logo a partir do acto 4º cónvertese nunha meiga vingativa que chega dicir que “ a inocencia é un obstáculo na vida, eu fun inocente e mira que me fixeron (p. 82).
A personaxe que menos me gustou foi Adela porque me resulta moi aburrida. Pololo pareceume máis interesante debido a que a fai de perfecto tonto interesado.Tamén me parece interesante Colombo. Eu non coñecía a esta persoaxe e a súa serie. Mirando en internet entereime de que era unha serie estadounidense dos anos 70 protagonizada polo actor Peter Falk que fai dun tenente da policía de Os Ánxeles que parece parvo , pero que non o é. Na obra fase referencia concretamente a esta serie cando está a Vella Rosa véndoa na cama co seu chupito de “auga bendita” (=augardente). Ademais o propio Colombo aparece na obra falando coas persoaxes como cando de cara a Santiago fala con Pololo porque estaba facendo o camiño e mirando de abrir unha churrasquería (Parrillada O Emigrante) (p.50). Menuda situación de comedia …
Son moitos os exemplos de escenas de humor como a que comentei anteriormente.
O libro está cheo de humor e chistes a,lgúns moi bos como cando Pololo fala do colesterol e o doutor entende clombuterol (p.31). É un humor de situacións irreais e ilóxicas que ten sentido nun contexto absurdo, pero non todo na obra é estar de festa. Detrás de tanta broma, hai críticas sociais hacia os políticos (na p. 52 aparece un conselleiro que ven de unha familia de contrabandistas ou na p. 27 unha conselleira moi parva), críticas á xente “pija” e superficial o caso de Borja, ( un auténtico parvo) e críticas a un mundo avaricioso e interesado só nos cartos, non nos sentimentos.
Para min a obra é coma Colombo: parece unha cousa , pero é outra. Parece que todo son chistes fáciles, pero no fondo hai moita miga. Hai moita retranca e humor intelixente que esixe que o lector “pille” os chistes. Así que cando a les ris bastante e engánchaste, pero hai que ver máis alá.
Quizais o único que botei de menos nesta comedia é unha trama máis de acción. As veces hai chistes de máis. Gustaríame algún acontecemento a maiores, algo máis de intriga , de tensión, pero claro entendo que entón o libro non sería unha comedia senón unha novela.
En conclusión, a lectura deste libro foime amena e sen dúbida recomendaríallo a calquera que busque teatro divertido, sinxelo , pero con substancia.

05/11/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Alberte Payo


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 
 
Esta obra é a primeira que chega as miñas mans deste autor galego, Suso de Toro, do cal me informei por diferentes medios e teño que aclarar que é una persoa moi coñecida en Galicia e no resto da península.
Este libro relata moi ben a ambición e a cobiza que ten moita xente da nosa sociedade, e a pesar anos que ten esta obra, é un tema que nunca se debe deixar de lado.
A vella Rosa ten dous sobriños moi interesados na súa herencia, Pololo e Adela. Pero failles saber que teñen que repartila tamén coa filla doutra sobriña de Rosa que falecera ao dar a luz; pero eles queren ser os únicos herdeiros.
A Rosa gustalle ver na TV una serie chamada `` Teniente Colombo´´(eu preguntei na casa sobre este personaxe da televisión, pois non sabía de que ía o tema. Agora si)
Na miña opinión, o autor combina moi ben o xénero humorístico co medo e a intriga. É un libro bastante divertido e engánchate con facilidade. Tamén podo usar unha expresión que resume o acontecido nesta obra. É a seguinte: ``A COBIZA RACHA O SACO´´.

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Guillermo Fernández Portas


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
  
 
Esta comedia de Suso de Toro teño que dicir que me gustou moito, aínda que pensei que non ía ser así cando lle dei a primeira ollada. Este libro creo que reflicte completamente o egoísmo e a avaricia da xente (neste caso a de Pololo e Adela sobre todo). Tamén se pode observar a prioridade da xente pola urbe deixando atrás as súas raíces campestres.
            Non me sentín especialmente reflexado en ningún personaxe pero se tivera que elixir un quedaríame con  Borja e a súa maneira tan "guai" de falarlle a seu pai.
            Por outro lado, a parte que cambiaría da historia sería a semellanza entre os casos de Colombo e os da propia historia, que me pareceron moi repetitivos. Por suposto,e xa para rematar, tamen cambiaría o final, que despois deste marabilloso libro pareceume en certo punto algo frío, esperábame saber máis información sobre o que ocorrería coa pequena Rosa.

04/11/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Francisco Rodríguez


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 


"Unha rosa é unha rosa", aínda sendo o primeiro libro de teatro que lin, pareceume o libro perfecto para nenos da nosa idade, por ter ese anco de humor dos que adoitan carecer os libros obrigatorios.
Durante todo o libro non puiden esconder esa sorrisa tan máxica que me producía. O vocabulario, aínda sendo ás veces un pouco grosero, é, ó fin e ó cabo, o vocabulario que, por desgraza, utilízase hoxe en día, e pareceume moi gracioso.

Unha cousa que creo é moi importante é que lía algo e quería seguir e seguir porque ten esa intriga que tanto me enganchou.

Sobre os personaxes hai de todo..., eu quitaría a Borja e daríalle mais importancia a Colombo, pois ten máis protagonismo nos momentos clave

Sinto verdadeira pena por Pololo e Adela, por ser tan despreciables, endexamais ninguén debería tratar así a un familiar nin por todo os cartos do mundo.
Eu recomendo a toda as persoas que lean este libro o antes posible, para que se decaten canto antes do que non se debe facer.

En definitiva, creo que a profesora acertou de cheo con este libro.