
Comentario de Francisco Rodríguez
Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
"Unha rosa é unha rosa", aínda sendo o primeiro libro de teatro
que lin, pareceume o libro perfecto para nenos da nosa idade, por ter ese anco
de humor dos que adoitan carecer os libros obrigatorios.
Durante todo o libro non puiden esconder esa sorrisa tan máxica que me
producía. O vocabulario, aínda sendo ás veces un pouco grosero, é, ó fin e ó
cabo, o vocabulario que, por desgraza, utilízase hoxe en día, e pareceume moi
gracioso.
Unha cousa que creo é moi importante é que lía algo e quería seguir e
seguir porque ten esa intriga que tanto me enganchou.
Sobre os personaxes hai de todo..., eu quitaría a Borja e daríalle mais
importancia a Colombo, pois ten máis protagonismo nos momentos clave
Sinto verdadeira pena por Pololo e Adela, por ser tan despreciables,
endexamais ninguén debería tratar así a un familiar nin por todo os cartos do
mundo.
Eu recomendo a toda as persoas que lean este libro o antes posible, para
que se decaten canto antes do que non se debe facer.
En definitiva, creo que a profesora acertou de cheo con este libro.
1 comentario:
O libro faime reflexionar sobre a avaricia e a obsesión que ten a xente por conseguir cartos e bens materiais de forma fácil, rápida, a costa doutra xente soa e indefensa que en moitos casos non se pode valer por si mesma.
En canto á lectura eu lieime con algunha escena e algún personaxe. Sobre todo ao final. Pero tamén ten partes moi divertidas e cómicas. Aínda así pareceume un libro ameno e divertido.
Publicar un comentario