ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/11/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Raquel García Rodríguez


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 

Este libro gustoume bastante porque empatiza ben coa realidade sobre todo ao principio. A parte que máis me gustou foi esa porque identificaba bastante a realidade xa que hoxe en día hai moitas persoas que só se interesan polos seus familiares polos cartos e se aproveitan deles, cousa que cando lin o libro me deu algo de pena pensar que poida haber xente así. Outra cousa que me pareceu bastante real foi que os sobriños non tiveran ningún cariño pola herdanza nin polas terras que tanto lles custou xuntar aos seus antepasados.
A parte que non me gustou moito foi cando a avoa aparecía na televisión asustando aos outros e cando se meteu no corpo da rapaza para logo envelenar aos outros e ligar con Foncho e Borja xa que me gustaría que non fose tan surrealista.
Hai un personaxe que na miña opinión se podería prescindir del que é Colombo xa que aparece en todas as partes pero non desempeña ningún papel fundamental.
En canto ao final foi algo raro que me desconcertou.
En resumo, podería dicir que o libro está bastante ben.

1 comentario:

Santi Rodríguez Baldonedo dixo...

A miña opinión sobre este libro é que é moi emocionante é moi divertido; a min particularmente gustoume moito aínda que eu non casaría a Pololo nin a Ádela con Puri nin con Foncho senón que casaría a Pololo con Adela porque así pagarían por estar xuntos sendo primos.
Eu tamén creo que se podería engadir outro personaxe máis que podía ser o home da vella é que estivera todo este tempo desaparecido é cando o home da vella soubese que a súa muller morrera que el volvera para recuperar o que era seu, así a vella facía a vinganza contra Pololo, Ádela é o seu home.