Comentario de Rocío Donsión Ferreiro
A soidade do asasino
Carlos G. Reigosa
Xerais
A pesar de que non son moi
afeccionada a ler libros de teatro si que de vez en cando leo algún; neste caso
encontrei este que me gustou polo seu título e en canto comecei a lelo
impactoume porque era un libro con vocabulario da vida cotiá que moita xente
utiliza pero que nos libros é moi raro encontrar: con isto refírome a palabrotas
e insultos.
.
O primeiro que fixen foi imaxinar o
lugar no que se encontran Víctor,o asasino, e Claudio, a súa vítima; o certo é que
é un lugar algo estraño para decidir matar a unha persoa.
Se te fixas na portada
do libro pódese observar a dous homes: cada un ten unha mancha de sangue; eu, ao
principio, non o entendía, xa que se supón que un morrería e o outro non, pero
cando les o final entendes perfectamente o porqué desa portada.
Víctor e Claudio eran completamente
descoñecidos pero cando comezan a falar xa non son dous estraños, e pouco a
pouco vanse descubrindo un ao outro. Isto fÍxome pensar moitas veces mentres lía
que Víctor non sería capaz de matar a Claudio, xa que encontraría nel un
confidente, pero pouco despois aparece unha terceira persoa, Helena, coa que eu
non contaba.
Eu diría que este libro é un deses
que pensas que vai ocorrer unha cousa e pasa todo o contrario, xoga co noso
pensamento, algo que me gusta moito dos libros; por iso eu recoméndollo a quen
guste libros que xoguen coa nosa mente.