ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Cómic sobre Castelao. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cómic sobre Castelao. Amosar todas as publicacións

11/01/16

Maís alá!


Comentario de Telmo García Castro



Maís alá!
Inacio
Demo
 
 
 
O libro gustoume. Ao igual que os outros títulos da colección  ten unha lectura áxil e lino nun tris porque pareceume moi interesante.
A parte gráfica é moi laboriosa polo detallista dos seus debuxos, por exemplo cando debuxa a Torre Eiffel, Notre Dame e os cabarés parisinos.  Creo que é por estes debuxos polo que tanto me gusta estes álbums. O cómic permite facer turismo e aprendes moitos datos sobre a arte e cultura da capital de Francia naquela época.
Dos 4 libros da Serie de Castelao, porén, este é o que menos me gustou porque prefiro aqueles nos que hai máis anécdotas chistosas e  persoais sobre a propia vida de Castelao. Máis alá paréceme un cómic cun final tristeiro porque a imaxe final da cacharela cun Castelao triste pola noticia da enfermidade do seu fillo Afonso, que finalmente morrería, non é para rir.

 

30/11/15

O pobre Tolo


Comentario de María Mato Martín


O pobre Tolo
Inacio
Demo



Este cómic explica o período de tempo desde 1934, entre os dezaoito e os vinte e oito anos, que Castelao pasou en Badaxoz por mor do seu desterró despois da guerra civil. Cita que naquela cidade o escritor séntese coma un estraño; non tardou en coñecer a outros galegos emigrantes, e integrarse na situación política da provincia.

O libro non nos reflicte simplemente a "Castelao, o defensor nacionalista de Galicia", senón que se afonda máis na vida íntima do autor; realmente esta obra enmarca os sentimientos e emocións de Castelao por mor do desterro, botándoo da súa terra á que tanto agarimo lle ten, e polo sentimiento de intrusismo que sente en referencia a Estremadura, e tamén a felicidade de poder encontrar a outros "irmáns" galegos, o que fai que a soidade se disipe un pouco. Tamén recolle a evolución psíquica e emocional que sofre desde os dezaoito anos, sendo soamente un mozo, ata os vinte e oito anos.

A forma de ilustrar o cómic non se alonxa tanto da forma de debuxar de Castelao, e ten unha forma moi peculiar de facer os personaxes, caracterizándoos con detalles moi graciosos ao meu parecer.

24/11/15

Comentario de Francisco Rodríguez


O pobre Tolo
Inacio
Demo





Este libro foi o primeiro cómic que lin en galego e non é que espertara en min unha gran alegría ó finalizar a súa lectura. Xa o seu inicio non me acabou de convencer debido a que fai unha mestura de accións simultáneas que a min mareáronme bastante e fixeron que tardase demasiado en meterme na trama, mais ben esta inmersión chegou cara ó final do libro polo que non me importaría que continuase unhas cantas páxinas máis. Deixando a un lado o comezo con mal pé que tivemos, o resto do libro non é que me disgustara demasiado aínda que si que houbo pequenos feitos que por moito que os lía non chegaba a comprendelos completamente.
Positivamente debo destacar deste libro tanto a ilustración que está moi traballada e que axuda moito a que o libro se faga máis ameno, como o realismo que o autor reflexa en cada detalle do libro e que eu valóroo moito, porque son cousas que lles pasan ós protagonistas dos libros, neste caso a Castelao. Outro aspecto que debo resaltar positivamente é o feito de que ambiente unha serie de accións aquí, en Lalín, o que me pareceu moi interesante xa que non é usual ler un libro que estea ambientado na túa vila.
Negativamente debo resaltar tanto o cambio brusco de tema que se produce no libro e que lendo unha vez soa faise bastante dificil de comprender como a aparición de ata catro linguas diferentes, que foi unha cousa que me matou, xa que en momentos cheguei a desesperarme principalmete por non entender nada do portugués pese ao seu parecido co galego; o que faría eu sería tentar reducir as catro linguas ó galego, indispensable, e ó castelán, lingua do lugar onde se ambienta a historia.
Pese a todos estes peros o tema principal foime doado de entender, que é o exilio que sufriu Castelao por mor das súas ideoloxías políticas, e conta os sentimentos e emocións que vai sentindo ao longo do seu exilio. Estes sentimentos que demostra impactáronme bastante xa que chega a preferir estar no cárcere a seguir exiliado en Badaxoz, lonxe da sua terra anhelada.
O final reescribiríao poñéndolle un punto especial que che deixe un bo sabor de boca cando se remata de ler.
En definitiva o libro perfecto para coñecer a Castelao, pero un libro que dificilmente volvería ler para pasr un bo rato.

22/11/15

Maís alá!


Comentario de Xosé Manuel Fernández


Maís alá!
Inacio
Demo




"Máis alá" é a terceira entrega da colección de Castelao, nesta peza, como ben di o seu título, o autor pretende chegar un pouco máis lonxe das súas capacidades e preséntaselle unha oportunidade para viaxar por Europa no 1921. Nesta viaxe vai recollendo as súas experiencias nun diario. Cando regresa a Galicia decide facer un artigo sobre esta viaxe pero só de cando estivo en París.
Gustoume moito como se empregou de excusa os percorridos por museos e exposicións de París simplemente para coñecer algo mellor a Castelao e a súa forma de xulgar as artes coa aparición da vangarda. Numerosas obras que se nos presentan dende a perspectiva de alguén que ten unha mente aberta e crítica.
Pero sobre todo o que máis me gustou foi que simplemente nos representasen esta marabillosa viaxe en forma de cómic. Eu son moi fanático deles, e nunca imaxinei que fósemos ler un libro deste estilo. As viñetas que tiña sorprendéronme e causáronme certa gracia (como a escena na que o personaxe estaba no medio do camiño cando pasaban varios coches). A verdade é que este libro, entre os catro que había para elixir, collino porque o título me chamou moito a atención e penso que quedou moi claro porque recibe ese nome.
Recomendo esta peza a case todo tipo de público xa que penso que se non es moi afeccionado a lectura, comezar por ler un cómic non estaría mal. E se xa eres afeccionado estou seguro de que esta obra non che disgustará, ademais de que é moi sinxela de entender e de ler, case non che quitará tempo.

19/11/15

Titoán

Comentario de Cristina Costela



Titoán
Inacio Vilariño
Demo editorial
 
 
 
Este libro chamado Titoán, foi un libro que me foi moi doado de ler e que me gustou moito, xa que me achegou máis a vida de Castelao dunha forma divertida, é dicir, a través dun cómic cheo de caricaturas. Este libro céntrase na vida de Castelao, e vai dende a súa xuventude ata a súa madurez.
Ao principio deste libro perdinme un pouco cos saltos de tempo ao pasado; móstranos un Castelao que rematou os estudos de medicina para contentar ao seu pa , xa que o seu punto débil era a caricatura. Durante a lectura, aparece un Castelao namorado e que quere casar, pero céntrase especialmente na figura do cabezudo que lle encargaron a Castelao para as festas de Rianxo. Para iso, escolle ao home máis feo da vila, Titoán, o que lle proporcionará algún que outro malestar pero tamén lle brindará unha eterna amizade. Ademais a Titoán acáballe gustando o cabezudo e ata lle chama “irmanciño”.
Un libro que me gustou moito e que deberiamos ler para coñecer mais sobre esta importante figura galega.
 

16/11/15

Atila





Comentario de Lucía Otero



Atila
Inacio
Demo
Este libro pareceume unha boa idea, xa que á parte de que se pode ler en pouco tempo, é diferente do resto de libros obrigatorios; a min persoalmente gústame este tipo de lecturas.
Tamén me gustou que tratara dunha personaxe que esteamos estudando, xa que lle dá un toque máis persoal, non é só unha figura histórica, da que aprender a súa vida e traballos, é dicir, que fai que esteamos máis preto del, e vexamos un pouco mellor como foi a súa forma de vivir, costumes e biografía, que formou parte das súas obras.

Non me gustaron demasiado algunhas partes nas que falan de política, xa que non logrei comprendelas moi ben e fixéronseme algo aburridas. Pero todo isto fai un bo contraste para esas partes cómicas, que te fan rir e pasar un bo cacho.

O que máis me gustou desde cómic foi o final inesperado, que che deixa un estraño sabor de boca, que che fai pensar en que sucesos coma eses, pódenlle pasar a calquera en calquer momento e lugar.

 

14/11/15

Titoán


Comentario de Nerea Álvarez



Titoán
Inacio Vilariño
Demo editorial
 
 
 
 
Este libro gustoume moito porque conta un anaquiño da vida de Castelao.
Gustoume moito o feito de que estivese escrito en forma de cómic xa que se fai moito máis ameno ler a súa vida. 
A parte que máis me gustou do libro foi cando fabricou o cabezón e parecíase, debido as espullas que tiña no nariz, a un veciño da súa vila. Fíxome moita graza cando o veciño perseguiu o cabezón porque pensaba que se estaban a rir del.
Outras das partes que me causou moita gracia foi cando o veciño ,unha vez que Castelao lle quitara as espullas ó cabezón , lle obrigou volverllas poñer xa que xa non pensaba que se estaban a rir del ,xa o tomaba como unha gracia,incluso lle chamaba irmán ó cabezón.
Outra das partes que máis me gustou foi coñecer o gran corazón que tiña. No libro vese refrexado un día chuvioso, no que súa nai lle di que vaia ver ó fillo duns veciños seus que está moi enfermo e están moi preocupados. Unha vez que examina ó neno e lle di que precisa de medicamentos para poñerse ben, os pais do neno confésanlle que non poden pagarlle os medicamentos o seu fillo porque non teñen cartos suficientes. Ó momento de que os pais do rapaz dixeron iso Castelao  deulle todos os cartos que tiña enriba para que puidesen comprarlle os medicamentos ó neno. Ese momento foi sen dúbida o que máis me gustou deste fragmento da súa vida; a dozura que ten polos que non se poden permitir mercar cousas tan imprescindibles como medicamentos.
 

13/11/15

Atila


Comentario de Laura García Moldes



Atila
Inacio
Demo




Atila é unha historia ambientada na Guerra Civil onde coñecemos aspectos e experiencias persoais de Castelao,  o protagonista.
A historia trata dunha entrevista a Castelao onde a periodista descobre o lado persoal do artista coma a época na que sentía vergoña por ser político ou a perda do seu único fillo. Pero mentres viaxaban no tranvía oíuse a alarma por bombardeo e tiveron que acudir a un refuxio, no que Castelao axudou a entrar a un grupo de cegos demostrando a súa humanidade.
A medida que avanza a historia, podemos ver a situación tan tráxica que se vivía en España nesa época, poñendo cintas de papel nos cristais das tendas para que non rebenten os cristais coas bombas ou tendo que estar pendentes de escapar a algún refuxio en calquera momento.
No refuxio, despois de espertar Castelao dun pesadelo, seguen coa entrevista e conta que veu dunha familia humilde e como foi volver ver seu pai despois de moitos anos, quen lle sorprendeu polo seu aspecto. Nesta parte móstranos a parte negativa da emigración, onde non todos conseguían o éxito buscado.
O libro ten un desenlace tráxico onde contan o final de Castelao e o que estaba a facer.

É un libro fácil e rápido de ler onde a linguaxe se adapta aos diferentes personaxes procedentes de distintos lugares.

 

12/11/15

Máis alá!

Comentario de Alberte Payo Lara


Maís alá!
Inacio
Demo








Esta é unha obra que me chamou moito a atención pola maneira de contar a vida dun personaxe galego tan importante como é Afonso Daniel Rodríguez Castelao. No libro que lin conta a época que estivo traballando en París, polo que os espazos onde transcorren as acción son famosos lugares desta preciosa cidade, como é a Torre Eiffel ou a catedral de Notre Dame. Na historia tamén aparecen outros ilustres galegos como foron Manuel Antonio, Vicente Risco ou Losada Diéguez, o cal se leva unha travesura do fillo do protagonista.


No que a min respecta, este libro fíxoseme moi sinxelo de ler polo feito de estar escrito en cómic, con ilustracións que nos mostran o que pasa en cada momento con moitos toques cómicos, que o fan aínda máis ameno de ler. Tamén teño certa curiosidade por saber quen é o autor (Inacio) pois na biografía que vén no libro di que é de Lalín.