Comentario de Telmo García Castro
Maís alá!
Inacio
Demo
Floco de Millo: ela é booktuber
Hai 8 anos
Comentario de Telmo García Castro
Maís alá!
Inacio
Demo
O libro gustoume. Ao igual que os outros títulos da colección ten unha lectura áxil e lino nun tris porque
pareceume moi interesante.
A parte gráfica é moi laboriosa polo detallista
dos seus debuxos, por exemplo cando debuxa a Torre Eiffel, Notre Dame e os
cabarés parisinos. Creo que é por estes
debuxos polo que tanto me gusta estes álbums. O cómic permite facer turismo e
aprendes moitos datos sobre a arte e cultura da capital de Francia naquela
época.
Dos 4 libros da Serie de Castelao, porén, este é o que menos me gustou porque prefiro aqueles nos que hai máis
anécdotas chistosas e persoais sobre a
propia vida de Castelao. Máis alá paréceme un cómic cun final
tristeiro porque a imaxe final da cacharela cun Castelao triste pola noticia
da enfermidade do seu fillo Afonso, que finalmente morrería, non é para rir.
Atoparalo en Cómic sobre Castelao, Demo editorial
Sen comentarios
Publicar un comentario