ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Agasallos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Agasallos. Amosar todas as publicacións

15/12/14

O inferno de Marta

Comentario de Laura Mariño


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 
 
 
Cando rematei de lelo, só sentín o desexo de que nunca me pasara o que lle pasou  a Marta. No medio do libro, só pensaba en coller a ese tipo e facerlle as peores cousas... Ese tipo é un psicópata absoluto, e o que máis pena me dá é que iso pasa todos os días ao noso arredor, e parece que ninguén fai nada! Un non pode evitar pórse na pel de Marta... e moi triste, vivir iso é unha desgraza...
Para min é un libro tan real, que me dá moita tristeza, pero ao mesmo tempo ábreme os ollos, porque non debemos permitir que iso nos pase a ningunha muller. 
Ao fin e a cabo este libro gustoume moito.
 

03/07/11

Toda unha sorpresa

Moitas veces pensamos que este blogue é pouco lido e o meu alumnado cre que de nada serve botar aquí os seus sentimentos respecto das lecturas que van realizando. Por iso, este agasallo ten un dobre valor: saber que nos len e que hai alguén mesmo a quen lle importa. Que nolo ofreza, ademais, un blogue tan importante como é Revolta da freixa énchenos aínda máis de satisfacción: moitísimas grazas, sinceramente.



Aínda que os requisitos para cumprir advirten que lle debemos pasar este premio a 12 blogues, imos "pasarnos" as regras para dárllelo a todos os blogues lectores que hai no noso país, a todos aqueles que promocionan a lectura e a todos aqueles que reflicten o traballo feito nos numerosos clubs de lectura dos centros de ensino. Para todos eles, por un labor esencial cultural.