Comentario de Nuria Lamazares Fernández
Eli Ríos
Remexido de patacas
Baía
Non sei moi ben como escribir sobre esta curiosa historia escrita por Eli Ríos. En apenas oitenta páxinas a autora conta unha historia na que a protagonista, chamada Ana, acaba cunha persoa que lle converte a súa vida nun pesadelo e xunto unha amiga chamada Pili, loita contra a súa liberdade.Penso que esta novela inclúe moita crítica e denuncia social, algún dos temas tratados son a violencia de xénero e o sistema social patriarcal no que vivimos.As protagonistas son as encargadas de por sobre a mesa varios temas e reflexións moi importantes, algo que me gustou moito dos persoaxes e que cada lector pódeos imaxinar dunha maneira ou doutra porque en ningún momento se describen.Neste caso Ana demostra ter un carácter moi forte e moita sangue fría.É difícil falar deste libro tan curtiño se facer ningún spoiler pero unha das cousas que máis me gustou foi que o fin deixa moitas dúbidas e cada lector pode imaxinar un fin para a historia distinto.
En resumo esta novela remexe moitos temas e emocións. O estilo de Eli Ríos, resultoume fluído o que fai que te metas máis na historia que conta.