ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/01/16

Baixo mínimos

 Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada


Baixo mínimos
Diego Ameixeiras
Xerais




"Baixo mínimos", unha das numerosas obras escritas por Diego Ameixeiras, é unha peza na que se nos presenta un asasinato que debe resolver o noso protagonista o detective Horacio Dopico. Teño que comentar que grazas a este libro a novela negra comeza a parecerme algo moi interesante e entretido.
Nesta obra podemos ver como o detective Horacio tras unha noite "axetreada" coa súa exmuller recibe unha chamada. Nela o seu compañeiro Noriega pídelle a súa axuda para resolver o asasinato dun avogado chamado Adrián Seivane. Neste momento é cando a historia comeza a poñerse interesante. Un detective que bebe whisky, que ten algún que outro problema coas drogas e que acaba de ter "algo pasaxeiro" ca súa exmuller, deberá resolver un caso envolto de malleiras e asasinatos a mans dun grupo terrorista , prostitución e tráfico de drogas baixo os fondos da cidade de Ourense.
 
A verdade é que esta obra gustoume moito e conseguiu algo que outros libros non lograron e trátase de engancharme case desde o principio. Ademais de que logrou que a historia non se fixera aburrida e lenta, incluíndo frases filosóficas e momentos de reflexión do noso protagonista. Pode que se estás indeciso entre coller ou non un libro de novela negra este sería o ideal para ti, xa que contén moitos sucesos relacionados coa novela negra que se fan moi entretidos e sinxelos de ler.

30/01/16

Polos fillos dos fillos

Comentario de Carla González Silva


Polos fillos dos fillos
Xosé Manuel Sarille



Sen alento... así é como definiría o meu estado unha vez rematado de ler este libro de Xosé Manuel Sarille.
Polos fillos dos fillos é unha historia que relata un dos períodos máis duros das nosas vidas, o tempo da Guerra Civil na aldea de Montecubeiro.
O noso protagonista vive na xeración na que ve como os seus veciños e a súa irmá Carme son asasinados e como el tamén o vai a ser, por iso decide investigar sobre os crimes ocorridos anteriormente.
A irmá do noso protagonista é fusilada porque o seu irmán Bonifacio fuxido a Bos Aires non se entregaba. Unha vez morta, os falanxistas atrevéronse a furgar para comprobar se a moza aínda se conservaba virxinal, xa que era moi devota a Virxe.
Nesta historia faise memoria e inténtase reconstruír a vida daquela época; unha vida que marcou a milleiros de galegos.
Recomendo ler este libro porque é realmente fantástico.

29/01/16

A noite enriba

 Comentario de Silvia Bruguera


A noite enriba
Diego Ameixeiras
 
 
Esta novela negra de Diego Ameixeiras gustoume;  resultou  doado  seguir todo o seu traxecto, debido a que nuns capítulos nárrase a historia de Selma e de Vicente e hai outros no que se fala da novela que vai escribindo Vicente ao longo da historia principal.
A noite enrriba ten tres partes e en cada parte hai varios capítulos.
A historia comeza dando a coñecer un pouco a vida dos tres principais protagonistas. Selma ten problemas familiares e co seu ex mozo, é unha drogadicta cun amigo chamado Vicente, que actúa como pai dela. Vicente é un escritor con cancro. No traxecto da historía narra a súa novela na que os portagonistas Caimán e Manchado atracan unha xoiería e todo vólvese en contra deles.
A medida que acaba a primeira parte e comeza a segunda o autor vai introducindo novos personaxes como son Gabriel Varela o pai de Selma, a nai de Selma , Álvaro, Aurelio..
Unha parte do libro que pensei que non ía aparecer foi a historia de como Vicente e Selma se coñeceron; non é un relato no que el lle salvara a vida nin cousas polo estilo, é unha historia na que un domingo calquera vendíanse libros vellos e Vicente comezara a falar con ela e antes  de marchar regaloulle algún libro seu.
O personaxe de Selma é moi intrigante porque non dá motivos do que fai nin do que lle sucede aos seus seres queridos, polo tanto hai que intuílo. Ela é unha rapaza intelixente xa que Ricardo nun momento da historia séguea para saber onde vive pero el, notara a súa presenza.
Vicente pareceume un señor bastante maior e desgastado pola vida, a citación na primeira parte dos libros que escribiu nuns poucos meses deume a entender que foi un gran escritor e que tivo moitos encargos ata o momento, pese a que non  mencione que fora famoso.
Falouse tamén do personaxe de David Goodis e dos seus gustos á hora de escribir, esa parte foi unha das que me custou entender pero despois de volvela a ler con calma entendino mellor.
Foi moi interesante e gustoume moito.

 

28/01/16

Conduce rápido


Comentario de Noelia Blanco Pájaro


Conduce rápido
Diego Ameixeiras
Xerais



Neste libro, Diego Ameixeiras amósanos a escura cidade de Santiago de Compostela. Amósanos con ela unha cidade que, os que non imos a miúdo alí, non coñecemos. Con todo isto refírome a temas como poden ser as drogas, a falta de diñeiro, os roubos,... Todos están entrelazados entre si, e son temas que, aparentemente a moitos lles parecerán irreais ou afastados e Diego fainos ver que non é así.
Grazas á descrición, detallada moitas veces, o autor permíteme deixarme levar polas palabras e imaxinar os meus persoaxes dunha forma parecida todos, descoidados, como Erika, Samuel, Garrido, Ventura..
Cómpre dicir que é un libro que custa ler, e non porque empregue vocabulario complexo, que todo o contrario, senón porque cambia moito de historias (cada dúas ou tres páxinas) e con iso, tamén de ambientes e personaxes. Iso fai que custe seguirlle o fío e poder chegar a enlazar todas as historias. É dicir, require unha lectura moi atenta.
En xeral gustoume, xa que me parecen temas adolescentes dos que podemos afastarnos se sabemos como son en realidade eses mundos, e este libro amósanolo á perfección. 

27/01/16

O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte

Comentario de Vanesa Lalín Pousa


O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte
Antón Alonso Ríos
A Nosa Terra



Cando collín na biblioteca este libro imaxinei que contaría unha historia sobre un señor, un señor xa maior, pero non foi así, este “Sinor Afranio” era moito máis novo do que eu pensaba, sorprendéndome moito por ser unha autobiografía do propio autor, Alonso Ríos, que se escondeu detrás dese personaxe para así poder escaparse ou máis ben refuxiarse da morte .
O “Sinor Afranio” agóchase para que os falanxistas non o apresaran, para min foi un home con moito valor, que grazas os seus enxeños ía escapando dos seus verdugos, onde o seu único obxetivo era seguir con vida, xa que foi un gran loitador das súas ideas, que o levaron a esa situación onde tivo que vivir coa pobreza, coa fame, coa soidade que nesa época eran moi común aquí na nosa terra, debido ás inxustizas e abusos políticos que se cometían en moitas ocasións.
Gústoume moito a maneira de enfrontarse aos problemas que lle ían xurdindo, onde sempre sabía o que quería, e coas súas ideas improvisadas logrou conseguir fuxir por distintos lugares de Galicia, ata que por fin conseguiu o seu propósito, chegar a Bos Aires e seguir alí loitando polas súas ideas que nunca deixou esquecer.
Este o principio foi un libro que pensei que non me ía gustar, paréceme que pode ser que cando o abrín e vin tanto prólogo pareceume aburrido, pero non foi así, xa que aínda que por un lado pode ser triste debido ás inxustizas que se cometen, por outro lado a maneira de enfrontarse a elas o protagonista sacoume algún sorriso debido a maneira de buscar solucións para todo.
Por outro lado que o personaxe principal chegara a poder conservar a súa vida foi algo que me fixo sentir ben, despois de tantos traballos veuse recompensado dalgunha maneira.
E como resumo este libro foime fácil de ler e ensinoume algo máis do que pasaba aquí en Galicia durante a guerra civil, onde calquera de nós, nesa época podería estar na mesma situación cá Afranio .

26/01/16

Matarte Lentamente


Comentario de Paula Vázquez Vázquez


Matarte lentamente
Diego Ameixeiras
Xerais






Tiña a sensación de que non me gustaría, pero non. A medida que ía lendo as páxinas e remataba un capítulo, con máis intriga quedaba de saber como ía rematar. Custoume acostumarme a que cada continuación dese capítulo estivese mesturada entre outras doutros temas variados. Pero pouco a pouco funme acostumando e non podía deixar de ler, tíñame tan intrigada e emocionada que lía e lía e lía. E a verdade e que non me agardaba os finais de cada historia desta novela, é fascinante, e recoñezo que é un dos libros que máis me gustou dos que teño lido. Por iso xa me tarda en coller outro deste mesmo autor, xa que estiven moi emocionada durante a lectura. Encantoume!!

25/01/16

A noite enriba

 Comentario de David González Sampayo


A noite enriba
Diego Ameixeiras



Con este libro, "A noite enriba", podo confirmar que me inicio no xénero da novela negra, o cal me gusta moito, grazas aos seus temas relacionados coa acción, coma o tráfico de drogas, as persecucións e as investigación de policías, os asasinatos, etc. 
Este libro, en xeral, gustoume, pero houbo algunhas partes da historia que non me gustaron, como os momentos nos que o autor fala da vida de David Goodis. Algúns dos aspectos que máis me gustaron do libro foron os saltos no tempo e no espazo que se fan ao longo de todos os capítulos desta obra, esta técnica literaria que emprega o autor gustoume moito, ademais da detallada descrición dos lugares e dos personaxes. Por outra banda, gustaríame que o autor relacionara mellor os instantes nos que fala das rúas de Ourense e no seguinte capítulo, a acción transcorre en bares e rúas de Filadelfia; nesos momentos, na miña opinión a trama non estaba o suficientemente relacionada e algúns capítulos da historia tiven que relelos, para lembralos. Anteriormente dixen que os momentos nos que se fala de David Goodis, me pareceron demasiado aburridos, pero tamén debo dicir que me serviron para coñecer algo da vida deste autor.

Nesta historia algo que me chamou moito a atención, é que segundo vas lendo, daste conta de que os personaxes están moi relacionados e, ademais, outro feito que me intrigou moito desta novela, foi que unha persoa mataba a outra e logo chegaba outro individuo e mataba a este asasino, e así sucesivamente. É dicir, todos os asasinatos se producían en cadea e gardaban unha relación coma a dos personaxes.

O título pareceume moi axeitado e está moi relacionado coa acción da novela, xa que todas as accións e asasinatos que forman a historia deste libro, ocorren durante noite, o que lle dá un toque de misterio e emoción á novela.

O final da historia, foi sen dúbida ningunha a miña parte preferida de toda a novela, debido a que me pareceu moi interesante, intrigante e sorprendente. Esta parte da narración sorprendeume moito, xa que non me esperaba que o "Caimán", que é un ladrón ao que meten no cárcere, onde mata a un policía e se mete en moitas pelexas, sexa o pseudónimo co que un autor firma unha obra na que conta a vida do "Caimán".

24/01/16

A noite enriba

 Comentario de Christian Domínguez


A noite enriba
Diego Ameixeiras
 
 
 
Gustoume este libro grazas á acción e a moitos dos temas dos que fala, coma o tráfico de drogas, as investigacións policiais, os asasinatos, etc. Tamén houbo partes que non me gustaron, como os momentos dos que fala de David Goodis, aínda que debo recoñecer que me serviron para saber del..
Aínda así, houbo moitos momentos nos que me perdía e tiña que volver atrás para lembrarme.
Resulta moi curioso ver como os personaxes van relacionándose esntre eles, as relacións en cadea, mesmo os asasinatos, o que implica que a novela sexa máis emocionantes.
 O final da historia, foi sen dúbida algunha a miña parte preferida de toda a novela, xa que me pareceu moi interesante, intrigante e sorprendente.  

23/01/16

Todo OK

Comentario de María Rodríguez González



Todo OK
Diego Ameixeiras
Xerais





 Relata a historia de Inés Landeira (A coxa), unha muller involucrada nunha descarga de cocaína e que acaba resultando unha operación desastrosa.

A Inés Landeira véxoa como un dos meus personaxes preferidos desta novela porque  intenta ter unha boa relación tanto cos traficantes como cos gardas.  A maioría dos personaxes xogan dobre papel, xa que querían conseguir beneficios e probas ante o xuízo que os espera.
Dende o meu punto de vista, o autor intenta achegar ao lector, e así o consegue,  moita profundidade na achega dos personaxes que actúan sen escrúpulos e que nos leva a unha maior intensidade dramática.
Tamén nos fala da xustiza que, ás veces, non é tan real como debería. Por outro lado, tamén vexo engano e débeda que aínda que tentes fuxir dela sempre hai unha conta pendente coa que é difícil pechar esa débeda.
Esta historia  de  narcotráfico,  véxoa como unha  parte da historia de Galicia.
Este é o primeiro libro que leo de Diego Ameixeiras. A min, esta novela policial  engaioloume moito. Recoméndoa.
 

22/01/16

Dime algo sucio

Comentario de Vanesa Lalín


Dime algo sucio 
Diego Ameixeiras
Xerais
 
 
“Dime algo sucio” un título que a mín me pareceu moi apropiado para este libro, unha vez que o lin, xa que en cada unha das historias que nel se contan é coma se existise algo escondido que non queremos que aflore ou se vexa pero que o fin acaba saíndo.
Cando empecei a ler o libro xa souben que me ía enganchar moito, é foi así, lino moi pronto, empezaba dunha maneira estraña e triste á vez, pero que lía un capítulo e tiña que seguir lendo o seguinte, sen parar, xa que estes eran moi curtos, deixando todo aberto a seguir pensando, e así ler un e outro e ir entre se enlazándoos como formando no mesmo libro moitas historias paralelas. Con calquera delas me podía identificar, xa que son moi próximos os personaxes , as súas vivencias, onde cada un ten a súa propia historia, os seus valores, pero todos vivir a vida con intensidade, sempre mellor, o cal lévaos en moitos casos a sufrir e noutros casos a gozar da vida.
Para min calquera destes personaxes podería ser o noso veciño do lado e non nos dar conta de nada. Se me paro a pensar doume de conta que esto é o noso mundo, que estas historias poden ser reais en calquera lugar .
Non había un personaxe principal, senón que cada un era o da súa propia historia, onde o único en común era a cidade “Oregón” na que vivían, pero que podería ser calquera cidade e nada cambiaría.
Ás veces durante a lectura sentía ganas como de falar con algún personaxe, pero era imposible.
Por outro lado este libro deixa historias moi abertas, onde parece que non rematan pero o libro acábase. Tamén aínda que haxa asasinatos non se trata de investigar moito sobre eles, non aparece a policía, só os feitos que están aí .
En resumo, este libro foi como unha especie de quebracabezas que fun montando á miña maneira pero que me gustou moito.
 

21/01/16

Matarte lentamente



Comentario de ADrián Mato


Matarte lentamente
Diego Ameixeiras
Xerais
 
 
 
     Coma o anterior libro de Diego Ameixeiras, este pareceume bastante complicado de ler, dado que a gran cantidade de capítulos e personaxes dificultan en grande medida a comprensión completa do libro. Por outra banda a novela non está do todo mal, pode que eu prefira outro tipo de novelas negras, nas que o asasinato sexa máis claro e sobre todo nas que me sorprenda o final do libro. Ao ser historias paralelas que non están relacionadas, fai que unhas historias me gustaran máis ca outras. Se tivese que escoller unha é a do aborto de Claudia, gustoume como Helena quere axudar a súa curmán ante todo, aínda que, o final desta historia foi algo triste, dado que, Claudia acabou no hospital e o pai de Claudia culpou a Helena de todo, cando ela non tiña culpa de nada. Outra historia que tamén me gustou foi a de Ramón, dado que, é moi triste, está historia demostroume que polo seu rapaz e pola súa muller era capaz de matar. En xeral todas as historias teñen algo de novela negra  e non están mal, mais, como xa ben dixen son algo encrucilladas e provoca que perdas o fío nalgúns casos.
 

20/01/16

Historias de Oregón

Comentario de Telmo García Castro


Diego Ameixeiras
Historias de Oregón
Xerais





Esta novela deixoume unha sensación rara, una mestura de gusto e disgusto.  Por unha banda gustoume, pero por outra non. A obra é  como un puzzle de historias que vas descubrindo mentres les. Esta técnica  narrativa resúltame ao principio interesante, pero chega un momento en que me cansa e acabo perdendo o fio das historias.

Nesta novela a historia de Camelia V.P.  si que me gustou, pero a dos membros da brigada antiincendios non a entendín. Creo que este escritor se manexa mellor  coas personaxes femininas porque para min  tamén foi moi sorprendente a historia de Aurora P.G. , esa muller maltratada que  se  vinga do seu cruel  home cuns coitelos comprados nunha teletenda.

Só unha desas dúas tramas bastarían na novela dende o meu punto de vista. Preferiría que o autor afondara máis unha delas e non informara de tantas outras. Así toda a narración gañaría para min, pero, claro, así o título non podería ser “Historias de Oregón”.