Comentario de María Rodríguez González
Todo OK
Diego Ameixeiras
Xerais
Relata a historia de Inés Landeira (A coxa),
unha muller involucrada nunha descarga de cocaína e que acaba resultando unha
operación desastrosa.
A Inés
Landeira véxoa como un dos meus personaxes preferidos desta novela porque intenta ter unha boa relación tanto cos
traficantes como cos gardas. A maioría
dos personaxes xogan dobre papel, xa que querían conseguir beneficios e probas
ante o xuízo que os espera.
Dende o meu
punto de vista, o autor intenta achegar ao lector, e así o consegue, moita profundidade na achega dos personaxes que
actúan sen escrúpulos e que nos leva a unha maior intensidade dramática.
Tamén nos
fala da xustiza que, ás veces, non é tan real como debería. Por outro lado, tamén vexo
engano e débeda que aínda que tentes fuxir dela sempre hai unha conta pendente
coa que é difícil pechar esa débeda.
Esta
historia de narcotráfico, véxoa como unha parte da historia de Galicia.
Este é o
primeiro libro que leo de Diego Ameixeiras. A min, esta novela policial engaioloume moito. Recoméndoa.
Sen comentarios
Publicar un comentario