ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/01/16

Dime algo sucio

Comentario de Vanesa Lalín


Dime algo sucio 
Diego Ameixeiras
Xerais
 
 
“Dime algo sucio” un título que a mín me pareceu moi apropiado para este libro, unha vez que o lin, xa que en cada unha das historias que nel se contan é coma se existise algo escondido que non queremos que aflore ou se vexa pero que o fin acaba saíndo.
Cando empecei a ler o libro xa souben que me ía enganchar moito, é foi así, lino moi pronto, empezaba dunha maneira estraña e triste á vez, pero que lía un capítulo e tiña que seguir lendo o seguinte, sen parar, xa que estes eran moi curtos, deixando todo aberto a seguir pensando, e así ler un e outro e ir entre se enlazándoos como formando no mesmo libro moitas historias paralelas. Con calquera delas me podía identificar, xa que son moi próximos os personaxes , as súas vivencias, onde cada un ten a súa propia historia, os seus valores, pero todos vivir a vida con intensidade, sempre mellor, o cal lévaos en moitos casos a sufrir e noutros casos a gozar da vida.
Para min calquera destes personaxes podería ser o noso veciño do lado e non nos dar conta de nada. Se me paro a pensar doume de conta que esto é o noso mundo, que estas historias poden ser reais en calquera lugar .
Non había un personaxe principal, senón que cada un era o da súa propia historia, onde o único en común era a cidade “Oregón” na que vivían, pero que podería ser calquera cidade e nada cambiaría.
Ás veces durante a lectura sentía ganas como de falar con algún personaxe, pero era imposible.
Por outro lado este libro deixa historias moi abertas, onde parece que non rematan pero o libro acábase. Tamén aínda que haxa asasinatos non se trata de investigar moito sobre eles, non aparece a policía, só os feitos que están aí .
En resumo, este libro foi como unha especie de quebracabezas que fun montando á miña maneira pero que me gustou moito.
 

Sen comentarios