
Matarte lentamente
Diego Ameixeiras
Xerais
Coma o anterior
libro de Diego Ameixeiras, este pareceume bastante complicado de ler, dado que a
gran cantidade de capítulos e personaxes dificultan en grande medida a
comprensión completa do libro. Por outra banda a novela non está do todo mal,
pode que eu prefira outro tipo de novelas negras, nas que o asasinato sexa máis
claro e sobre todo nas que me sorprenda o final do libro. Ao ser historias
paralelas que non están relacionadas, fai que unhas historias me gustaran máis
ca outras. Se tivese que escoller unha é a do aborto de Claudia, gustoume como
Helena quere axudar a súa curmán ante todo, aínda que, o final desta historia
foi algo triste, dado que, Claudia acabou no hospital e o pai de Claudia culpou
a Helena de todo, cando ela non tiña culpa de nada. Outra historia que tamén me
gustou foi a de Ramón, dado que, é moi triste, está historia demostroume que
polo seu rapaz e pola súa muller era capaz de matar. En xeral todas as
historias teñen algo de novela negra e
non están mal, mais, como xa ben dixen son algo encrucilladas e provoca que
perdas o fío nalgúns casos.
Sen comentarios
Publicar un comentario