Comentario de Aida Vilariño

O país adormentado
Xabier Docampo
Xerais
A verdade é que este libro abreume un pouco os ollos xa que tanto el como o
autor, Xabier DoCampo na súa visita ao Instituto, intentaron darnos a entender
que todos temos medo, un medo que nos meteron no corpo, é algo inconsciente, ata
agora non me decataba pero como dixo Xabier, vivimos nun país que ten medo e non
fai nada para deixar de telo.
Unha das frases que máis me gostaron da súa visita e da explicación do
libro foi a que lle deu ao meu compañeiro Alberto sobre o Dragón, parécenos algo
incrible cando aparece o Dragón no libro pero estamos rodeados de cousas que
tamén o son e pola contra as cremos, como a historia relixiosa de Adán e
Eva e a árbore da froita prohibida, a frase é a seguinte:
“O ser humano o que quere e o que necesita é saber e coñecer”
Volvendo ao libro gustoume bastante, lino nunha tarde, á parte que máis interesante me pareceu foi
cando a xente para non morrer durmía, xa que tiñan o privilexio de que
mentres durmían non morrían e entón pasábanse a vida durmindo para non
morrer, pero mentres dormen non gozan da vida e polo tanto é coma se
estivesen mortos, porque a vida está para disfrutala sen medos, vivimos
esperando a que o mundo cambie por sí só, pero nada cambiará se non facemos nada
e esta é a menxase, (penso) que quere transmitir o libro.
O meu lema é “Carpe Diem” pero sempre pensando no mañá.