ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Disfora de xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Disfora de xénero. Amosar todas as publicacións

05/03/19

22 segundos

Comentario de Nuria Lamazares

22 segundos
Eva Mejuto
Xerais
 
 
 
22 segundos  conta, dun xeito orixinal, a historia de Álex, un rapaz transexual, e como intenta descubrir quen é realmente.
Este mozo  abre un blogue para compartir a súa vida, a súa infancia, e o seus sentimentos. Trata de dicirnos que non está enfermo e  que debemos cambiar o pensamento da sociedade.
Percorre o camiño para conseguir o que se sente e o que quere co apoio do seu avó e de toda a súa familia.
O título “ 22 segundos “ fai referencia ao tempo que tarda o arquivo en subirse ás redes.
Como menciona o libro en varias ocasións, o que non se fala é coma se non existise e este tema debería falarse xa que é moi importante.
Empaticei un montón con Alex  xa que fun quen de comprender a súa impotencia e frustración diante da súa situación.
É unha novela que recomendaría a varias idades xa que apoia a igualdade entre tod@s.
 

08/03/18

22 segundos

Comentario de Lucía Failde Beleda

22 segundos
Eva Mejuto
Xerais
 
Conta en primeira persoa e ao longo de vinte e dous capítulos, de forma tenra e con humor, a historia de Álex, un mozo transexual que decide tomar as rendas da súa vida e contar diante dunha cámara todo o que leva dentro agardando dende hai moito tempo.

Considéroo un gran libro polo xeito en que se amosa como xa de pequeno se interesaba e tiña gustos diferentes, tanto na estética coma nas afeccións e xogos, do resto das nenas da súa idade, por moito que a xente que o rodeaba se empeñasen en ignorar a realidade ou non decatarse.
Por outra banda, resulta fácil empatizar dun xeito natural con cada confidencia por parte de Álex. E así, ser quen de comprender a súa impotencia e frustración diante dunhas sensacións, que dende cativo recoñece coma propios pero que no exterior resulta difícil de asimilar ou non queren percibir.
Foi grazas ao agarimo e ao apoio da súa familia, especialmente o avó que para min foi un personaxe entrañable; a nai e a axuda dunha psicóloga especializada, como logrou reunir o necesario para dar o paso cara á felicidade e asumir o seu tránsito de Ánxela a Álex.

É unha novela recomendable a calquera idade pois fomenta a busca dunha sociedade máis xusta e equitativa sen prexuízos, pois o único que fan é provocar dor e illamento.

28/02/18

22 segundos

Comentario de Adriana Pampín

22 segundos
Eva Mejuto
Xerais
 
 
Este libro gustoume bastante, ao ler o resumo pensei que non me ía enganchar, pero cando comecei a lelo sorprendeume gratamente, ademais de que non é moi extenso, polo que se le bastante rápido.

Esta historia fainos ver o mal que o pasa algunha xente polo simple feito de ser diferente do resto do mundo. Sobre este tema penso que temos que respectar ás persoas transexuais ao igual que ao resto, xa que os tratamentos tanto físicos como psicolóxicos polos que teñen que pasar son moi difíciles, tanto para eles como para a súa familia. Isto é algo que é importante entender. Creo que o libro explica todo moi ben, é moi sencillo e claro, para que o entendamos conm maior facilidade.

Sobre este libro penso que todos o deberiamos ler, para concienciarnos sobre este tema, e ademais é unha historia moi bonita. En conclusión, paréceme unha novela preciosa que ademais fainos pensar sobre un tema que ás veces se deixa de lado, e que non debería.
 

17/02/18

22 segundos

Comentario de María Guinarte

22 segundos
Eva Mejuto
Xerais
 
 
A Historia mostra a evolución do protagonista, un neno trans que pasa de ser Ánxela a Álex, o que non soamente supón un cambio de xénero, senón unha busca da liberdade dende a infancia dunha nena que nunca quixo selo.
Coñecemos os pensamentos e preocupacións de Álex, que dende que era pequeno séntese distinto das rapazas que coñece, e que sufre todo tipo de discriminacións por ser muller que son importantes na formación da súa personalidade.
O seu avó, acompañado tanto na infancia como na adolescencia, e forma un personaxe esencial na novela, Álex acode a el para ser quen é realmente, e aparece nas escenas máis simbólicas e importantes.
O nome do libro ven dado pola decisión de Álex de gravar un videoblog para contar a súa experiencia. 22 segundos foi exactamente o que se tardou en subir á rede.
É unha novela bastante corta e sinxela, que se lee nun intre, pero que te atrapa completamente.
O tema da transexualidade tratado nesta obra paréceme moi interesante, xa que aínda en pleno século XXI, a xente sigue xulgando as persoas trans por intentar ser quen realmente son, chegando incluso a asocialos coa prostitución, sen saber como é o día a día dunha persoa afectada polos prexuízos socias.
Gracias a novelas de este tipo que axudan a entendelos e poñernos no seu lugar, quizais, algún día, nos deixemos de xulgar á xente por ser diferente, cando ser distinto ó resto, é unha virtude e non un defecto.
 

11/02/18

22 segundos

Comentario de Noelia Ferreiro


22 segundos
Eva Mejuto
Xerais
 
 
 
Esta novela foi escrita por Eva Mejuto,  unha xornalista e escritora. A autora describe a historia dun rapaz que logra converterse na persoa que realmente é.
Esta novela ensínanos que a identidade dunha persoa non ten por que coincidir coa que marcan os xenitais e que debemos sentirnos cómodos connosco mesmos.
O protagonista do libro é Álex , un mozo transexual , que narra como foi a súa vida.  Antes a xente coñecíao como Ánxela , aínda que tamén lle chamaban Xela.
Ánxela de pequena non era unha nena como as demais. Ela non quería xogar con bonecas, nin poñer vestidos que lle mercaba a súa avoa  ou calquera tipo de roupa que fose moi feminina, e tampouco quería ir peiteada como as outras nenas. Ela quería levar solto o seu pelo rebelde.                                                                                               
  Por outra parte, Xela quería xogar cos rapaces ao fútbol, aínda que había algún que non estaba moi de acordo, pero ela se quería xogar, xogaba. Sempre loitou polo que quixo.
Por outra banda temos a súa familia. O seu avó era alguén fundamental para Álex xa que sempre o apoiou nas súas decisións. A súa nai quería que fose unha nena coma outra calquera, pero acabou asumindo que Xela era diferente, porque nunca sería unha rapaza. Tamén é importante salientar a Ana, unha amiga de Álex, a cal se acabaría convertendo co paso do tempo na súa parella. Estas tres persoas serán primordiais , xunto cunha psicóloga , para que se produza o tránsito.
Finalmente, podemos sacar como conclusión que cadaquén debe ser feliz coa súa identidade, e en ocasións iso non ocorre, e por iso se debe loitar para ser o que realmente te sentes.
 

15/01/18

22 segundos

Comentario de Irene Mariño


22 segundos
Eva Mejuto
Xerais
 
 
A autora deste libro  mostra a evolución do protagonista de Ánxela a Álex, que non soamente supón un cambio de xénero senón a procura da liberdade dende a infancia dunha “nena” que nunca quixo selo.  
Coñecemos os pensamentos e preocupacións de Álex, que dende a súa infancia séntese distinto das rapazas que coñece, e que sofre todo tipo de discriminacións por ser muller. Trata como percorre o camiño para conseguir o que se sente e o que quere co apoio incondicional do seu avó.
 Este mozo transexual abre un blog para compartir a súa vida, a súa infancia, e como se sente. Trata de dicirlle ao mundo que non é unha enfermidade e cambiar o pensamento da sociedade.
Por que este libro ten como título “22 segundos”? Porque tarda ese tempo en subirse o arquivo ás redes.
Gustaríame que o libro fora máis longo para coñecer mellor a Alex e profundar máis na súa evolución e cambio. A pesar disto paréceme un relato fresco e que non vén nada mal lelo. Refresca ideas e ata nalgúns momentos grazas a estar escrito en primeira persoa, ponte na propia pel do personaxe.
 

09/12/17

22 segundos

Comentario de Sara Granja Sanmartín


22 segundos
Eva Mejuto
Xerais




22 segundos de Eva Mejuto conta, dun xeito sinxelo e orixinal, a historia de Álex, un rapaz que dende que naceu estivo atrapado no corpo dunha rapaza, e como intenta descubrir quen é realmente.
Un libro gran que consegue falar dun tema  que durante demasiado tempo foi tabú para todos de unha forma tan normal que invita á reflexión. Tantas cousas que non se din, tantos silencios, tantos intentos de pretender que as cousas non están aí. Pero, como menciona o libro en numerosas ocasións, hai que falar, porque o que non se fala é coma se non existise.
Importante e necesaria, esta historia consegue achegarnos a unha realidade que é allea para moitos. Sen dúbida, se alguén me pide algunha recomendación, este libro será o primeiro que mencione.
 

22 segundos

Comentario de Brais González Penela


22 segundos
Eva Mejuto
Xerais



Cando rematei de ler este libro, entroume unha estraña curiosidade por saber que conclusións sacarían algúns dos meus compañeiros con esta lectura .
Creo que é necesario para darnos conta de moitas cousas , xa non tanto a min , persoalmente , que xa forxei estas ideas hai tempo , pero si a outras persoas que sexa polo que sexa , aínda non entenden o que é ser un mesmo.
Esta obra conta a historia en primeira persoa dun rapaz con disforia de xénero , que pasando por diferentes etapas , nas que sempre se atopaba o medo ao rexeitamento , dáse conta de quen é , e como debe loitar para que os demais o acepten .
O libro en si é ameno , non ten maior dificultade que a de sentarse a disfrutar dun bo anaco .
Unha característica , canto menos curiosa , é a maneira tan brusca coa que o protagonista pasa de referirse a si mesmo con palabras en feminino , a palabras en masculino , en cuestión de só dúas páxinas . Isto , para a miña opinión , fai unha clara división entre un fragmento coa mente cerrada , e outro coa mente libre , como deberia ser sempre .
Xa sexa para crear uns valores , ou para reafirmalos , esta lectura é máis que recomendable.