Comentario de Sara Granja Sanmartín
22 segundos
Eva Mejuto
Xerais
22 segundos
Eva Mejuto
Xerais
22 segundos
de Eva Mejuto conta, dun xeito sinxelo e orixinal, a historia de Álex, un rapaz
que dende que naceu estivo atrapado no corpo dunha rapaza, e como intenta
descubrir quen é realmente.
Un libro
gran que consegue falar dun tema que
durante demasiado tempo foi tabú para todos de unha forma tan normal que invita
á reflexión. Tantas cousas que non se din, tantos silencios, tantos intentos de
pretender que as cousas non están aí. Pero, como menciona o libro en numerosas
ocasións, hai que falar, porque o que non se fala é coma se non existise.
Importante e
necesaria, esta historia consegue achegarnos a unha realidade que é allea para
moitos. Sen dúbida, se alguén me pide algunha recomendación, este libro será o
primeiro que mencione.
Sen comentarios
Publicar un comentario