Comentario de Brais González Penela
22 segundos
Eva Mejuto
Xerais
Cando rematei de ler
este libro, entroume unha estraña curiosidade por saber que
conclusións sacarían algúns dos meus compañeiros con esta lectura
.
Creo que é necesario para
darnos conta de moitas cousas , xa non tanto a min , persoalmente ,
que xa forxei estas ideas hai tempo , pero si a outras persoas que
sexa polo que sexa , aínda non entenden o que é ser un mesmo.
Esta obra conta a historia
en primeira persoa dun rapaz con disforia de xénero , que pasando
por diferentes etapas , nas que sempre se atopaba o medo ao rexeitamento ,
dáse conta de quen é , e como debe loitar para que os demais o
acepten .
O libro en si é ameno ,
non ten maior dificultade que a de sentarse a disfrutar dun bo anaco
.
Unha característica ,
canto menos curiosa , é a maneira tan brusca coa que o protagonista
pasa de referirse a si mesmo con palabras en feminino , a palabras en
masculino , en cuestión de só dúas páxinas . Isto , para a miña
opinión , fai unha clara división entre un fragmento coa mente
cerrada , e outro coa mente libre , como deberia ser sempre .
Xa sexa para crear uns
valores , ou para reafirmalos , esta lectura é máis que
recomendable.
Sen comentarios
Publicar un comentario