Comentario de
Noelia Ferreiro Reboredo
Normal, diferente
Kristina
Dunker
Normal, diferente é unha novela da escritora Kristina Dunker. Naceu en Alemaña o 15 de xuño de 1973.
En
canto a esta novela, trata sobre unha moza de 17 anos, chamada Vera, tamén
coñecida como Speedy. Ela esta namorada dun mozo da súa idade chamado Jan.
Coñécense dende a infancia. De pequenos xogaban a ser exploradores ou
veterinarios.
Ela
fai todo o que esta na súa man para chamar a atención do mozo, pero este
semella non captar as sinais dela.
Un día
na clase de bioloxía, o mestre ten que repartir os traballos e hai un para unha
parella. Jan quereo , e polo tanto ela ofrecese voluntaria para axudarlle. O
profesor acepta.
Grazas
a este traballo comeza a xurdir a confianza entre ambos. Eles empezan a facerse
bos amigos e ata semella que algo máis. Speedy está moi contenta xa que cre que
xa o ten namorado dela.
É
importante indicar que Jan é unha rapaz tímido, non ten amigos e tampouco moza.
Os compañeiros do instituto métense con el as súas costas pola súa maneira de
ser. Por outro lado , el ten unha maneira distinta de vestir cós demais. Por
todo isto, hai algún que comeza a pensar que é homosexual, mais Speedy ignora
todos estes comentarios, pero o mesmo tempo tamén ten curiosidade por saber por
que el é así. Un día decide preguntarllo
e a el aféctalle a pregunta e ela enfadase con rapaz.
Chega
o día da exposición, el tarda en aparecer, pero ven. Ao rematar vai xunto a ela
e dalle un regalo de aniversario e dille que a vai convidar a un concerto. Speedy
xa pensa que o ten engaiolado, mais cando chega o día da “cita”, el lévaa a un
concerto gay. A moza enfadase , está decepcionada e dase de conta de que el
nunca a vai querer como parella. Aqueles compañeiros estaban no certo, Jan é
homosexual.
A
partir desta parte do libro, vemos como ela o acepta tal e como é , e se
converte nun gran apoio para el.
Esta
novela amosa moitos conceptos que hai na sociedade sobre este tema, como por
exemplo, a burla de algúns cara os homosexuais e incluso o rexeitamento por
parte dalgunhas persoas. É importante indicar ese cambio moral que se produce
na moza, xa que o comezo ela tampouco os aceptaba moito, mais cando descobre
que Jan pertence a eles, ela cambia a súa actitude e dase de conta de que eles
son iguais cos heterosexuais. Eles seguen sendo persoas.
Finalmente
, este libro pareceume interesante e incluso divertido. É unha novela que capta
a atención do lector desde o principio e ademais trae unha mensaxe moi
importante para poder convivir : hai que aceptar as persoas tal e como son.