A historia
de Anagnórise presenta a Nicolau Arís,
un rapaz que decide fuxir de casa e, aínda que as súas ideas eran distintas,
remata viaxando no coche dunha muller camiño de Madrid. A partir dese momento comezará
unha viaxe, non só polas beirarrúas de España, senón tamén polos pensamentos,
dúbidas e recordos do protagonista.
Non é fácil
comezar a ler este libro. Ao principio, mentres un non se acostuma á narración
e ó ritmo da historia, pode resultar un pouco lento e ás veces tamén aburrido.
Aínda así, a historia non tarda en volverse máis áxil, sendo fácil de rematar
canto antes.
En canto á
trama, toda transcorre nunha viaxe, e, ademais do pasado de Nicolau e o
misterio da muller que viaxa con el, non ocorre nada realmente importante. O
libro, na súa maioría, consiste no desenvolvemento das personaxes e en como
Nicolau entende outra maneira de ver o mundo.
Por último,
o final. A grande anagnórise do libro aparece nas últimas páxinas, e aínda que
é algo que cambia completamente a forma de ver a historia, é bastante
predicible.
En
conclusión, o libro gustoume, pero aínda así non o recomendaría.
Sen comentarios
Publicar un comentario