ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/04/13

As sete mortes


Comentario de Lucía García Rodríguez 
 

As sete mortes
Carlos Vila Sexto
Galaxia 




Comecei a ler o libro con interese. Cando ía polas primeiras páxinas pensei que nunca o remataría. Pouco a pouco o libro foise poñendo interesante e axiña espertou a miña curiosidade.
O final sorprendeume moito, pero gustoume. Penso que ese desenlace encaixa ben con este tipo de historias.
Se me preguntasen por que escollín este libro, posto que era o máis groso, non sabería que dicir exactamente. Supoño que o título me chamou máis a atención.
Esta novela mestura mitoloxía, historia e moita fantasía. O autor soubo combinar ben estes tres aspectos.
O relato gustoume porque te sorprende constantemente. 

28/04/13

Irmán do vento

Comentario de David Núñez Ouzande


Irmán do vento
M. Lourenzo González
Xerais



O libro é moi interesante, cóntanos unha historia que seguramente viva máis dun neno nos países árabes.
O libro gustoume porque é un relato que me conmoveu moito, porque é unha mestura estre tristura e fermosura, xa que é precioso ver como un rapaz tan novo vive esta historia. 
Un libro, ademais, fácil de ler e de entender, agás os nomes!
Un libro para recomendar a calquera a quen lle guste ler hitorias reais e conmovedoras sobre a separación das familias.

25/04/13

Ás veces quero morrer coa risa

Comentario de María Framiñán

Ás veces quero morrer coa risa
Birgit Schlieper, Nina Stahl
Galaxia


A min este libro encantoume, pola forma de expresar os sentimentos das persoas. Unha historia para ver todo o que tes na vida e tan só cunha palabra esvaécense os soños, o futuro, as alegrías, absolutamente todo.
Non agardaba que finalizase así, eu cavilaba que Nils falecería nos brazos dos pais e que a súa irmá Laura regresaría de EEUU por sorpresa, para botar con el o tempo que lle quedara. 
Chorei co libro, é moi emotivo e logra tal empatía co lector que semella que todos teñamos cancro.
Creo que alguén que viña de sufrir unha perda semellante non debería ler este libro.
Un dos momentos máis emotivos pareceume cando lle explica á súa irmá como quere que sexa o seu enterro e a súa herdanza. Tamén me impactou que non lle fale aos pais como sente nin como pensa, senón cunha máscara.

20/04/13

Poesía


19/04/13

Os escaravellos voan á tardiña

Comentario de Andrés Salgueiro


Os escaravellos voan á tardiña
María Gripe
SM



Pareceume un libro moi entretido e intrigante. Gustoume porque logra manter a nosa atención ata o final, e entón estes libros non os das deixado pola metade porque te quedas coas ganas de saber como vai rematar.
Gustaríame ler algún libro máis desta autora porque consegue cos seus libros entreter e intrigar.
Aínda que a min non me gusten os libros longos e sen ilustracións, este foi un dos libros que me encantou

18/04/13

A negrura do mar

Comentario de Andrés Salgueiro


A negrura do mar
Ramón Caride
Xerais


Para ser sincero a min este libro non me gustou. Non me intrigaba nin me entretiña mentres o estaba lendo, pero ao final acabeino. Pareceume moi soso e non me convidaba a seguir léndoo.

12/04/13

Cartas de inverno

Comentario de Patricia Lázara Framiñán


Cartas de inverno
Agustín Fernández Paz
Xerais






Este libro gustoume moito xa que ten moito misterio. A forma na que o autor tenta plasmar no papel a amizade entre Xabier e Adrián e incrible. Cando lía o libro, imaxinábame os sucesos que Adrián contaba nas súas cartas.
Adrián é moi valente, se fose eu tería marchado os primeiros días, pero el quedou na casa, afrontando o medo para socorrer á rapaza que lle pedía auxilio.
Xabier é moi bo amigo ao marchar cara á casa do seu amigo sen pensalo dúas veces.
E Tareixa!!! É incrible. Se fose meu irmán quen me mandara unha carta así, non o crería.
Aínda que me gustaría saber que era o que había alí abaixo que tanto asustou a Adrián.

10/04/13

Cartas de inverno

Comentario de Lucía García Rodríguez


Cartas de inverno
Agustín Fernández Paz
Xerais




Todos os libros de misterio que lin ata agora tiñan un final común: o protagonista remataba descubrindo a orixe de ruídos e feitos estraños. Pero este non, é diferente, xa que o autor non escribe o que sucedeu. O lector debe imaxinalo.
O final sorprendeume moito, pero gustoume. Aínda así, teño unha dúbida: que había na cripta?
Gustoume moito, xa que te sorprende constantemente.

09/04/13

Héleris

Comentario de Andrés Salgueiro

Héleris
Carlos Negro
Espiral Maior 



Gustoume a forma na que coloca os versos dos poemas, por exemplo, cando pon cada verso separado e poñéndolle puntos e á parte a todos.
Tamén me gustou a parte na que o protagonista fai o amor con Helena e dille que os seus fillos lle dirán que os traen de París. O libro é moi curioso porque a maioría dos poemas son curtos, pero aínda así teñen tanto sentido coma se fosen longos.
Gustoume menos que Makinaria.

08/04/13

As laranxas de Alí babá

Comentario de Julián Gómez Villamayor


As laranxas de alí babá
Carlos Negro
 
 
 
O libro non me gustou por varios motivos. Un deles foi que é un libro de poesía e a min non me gusta. Outro foi me custou bastante entendelo xa ue tiven qeu lelo un par de veces. Salta dun tema para outro e fai que me despiste e non lle dea collido o fío.

07/04/13

Cultivos transxénicos

Comentario de Andrés Salgueiro



Cultivos transxénicos
Carlos Negro









Pareceume moi raro o principio do libro, cando se plantexa unha pregunta, e despois respóndea debaixo. Despois disto, tamén me pareceron raros os títulos. Gustáronme os poemas de "Neverland". É moi rara a colocación dos poemas, pero o libro gustoume.

06/04/13

O neno do pixama a raias

Comentario de
Lucía García Rodríguez



O neno do pixama a raias
John Boyne
Faktoría K




Este libro está ambientado no Holocausto nazi. Cando o comecei a ler non podía parar, xa que é moi entretido e ten un vocabulario sinxelo. O final sorprendeume moito, imaxineime que Bruno, o protagonista, voltaría a Berlín no canto de sucederlle tal desgraza... Tamén é certo que debería pensar de antemán as consecuencias de facerse pasar por outra persoa.
  Bruno é un exemplo de humildade que axudou ao seu amigo Shmuel no que puido sen importarlle a súa procedencia. Creo que non acaba de entender o que sucede nin a función do seu pai.
  Como é normal os soldados desa época son uns senvergoñas, xa que por estar nun alto cargo deben respectar as persoas. Como se adoita dicir "trata aos demais como queiras que te traten a ti."
  Hai unha frase que me gustou moito : "ollos que non ven corazón que non sente," isto é, se non volves ver a unha persoa apreciada remátaste olvidando dela.
  Este libro gustoume moito e recoméndoo.

05/04/13

As laranxas de alí babá

Comentario de Sonia Framiñán Gozález



As laranxas de alí babá

Carlos Negro
 
 
   Non teño moito que dicir deste libro, simplemente que me pareceu moi fermoso e bastante curioso que conte a historia con laranxas de por medio. 
   Teño que dicir que a min a poesía non me atrae demasiado, pero este libro gustoume moito e pareceume moi sinxelo.