Comentario de Lucía
García Rodríguez
As sete mortes
Carlos Vila Sexto
Galaxia
Comecei a ler o libro con interese. Cando ía polas primeiras páxinas pensei
que nunca o remataría. Pouco a pouco o libro foise poñendo interesante e axiña
espertou a miña curiosidade.
O final sorprendeume moito, pero gustoume. Penso que ese desenlace encaixa
ben con este tipo de historias.
Se me preguntasen por que escollín este libro, posto que era o máis groso,
non sabería que dicir exactamente. Supoño que o título me chamou máis a
atención.
Esta novela mestura mitoloxía, historia e moita fantasía. O autor
soubo combinar ben estes tres aspectos.
O relato gustoume porque te sorprende constantemente.
Sen comentarios
Publicar un comentario