ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Deporte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Deporte. Amosar todas as publicacións

06/03/18

Corredora

Comentario de Lucía Failde



Corredora
María Reimóndez
Xerais
 





Genet Mullugueta, a protagonista, narra a loita pola supervivencia de nenos e nenas contra a fame. Como tamén demostra a incrible importancia que pode adquirir a palabra amor, ao sentilo cara a unha nai.

O personaxe que máis me gustou foi Toiba, a nai. Pois o seu esforzo e amor pola súa filla é un verdadeiro exemplo a seguir, xa que fixo o imposible por ela. Tamén creo que é admirable o personaxe de Meseret, un gran exemplo de bondade, pois a causa da carencia de cartos de Genet axudoulle, sen importarlle non recebir nada a cambio, feito que me parece moi humilde e digno de destacar.

É un libro recomendable a calquera idade, pois abre os ollos ás ignoradas situacións que sofre moitísima xente en moitas zonas do mundo. Á súa vez demostra que o máis importante é o esforzo e o traballo, como tamén fai ver que ambos sexos son iguais, realidade que incluso a día de hoxe non está asumida, e que co paso do tempo se debería ir introducindo máis  en todos os tipos de sociedade.

04/03/18

Corredora

Comentario de Noelia Ferreiro



Corredora
María Reimóndez
Xerais
 
 
 
A autora deste libro é María Reimóndez. É coñecida por ser escritora, feminista e doutora en tradución e interpretación española. Cultiva a narrativa, lírica, teatro e o ensaio.

Corredora recolle a tradición atlética de Etiopía na busca activa de talentos entre crianzas do rural ou empobrecidas nas cidades.
Esta novela conta a historia dunha rapaza chamada Genet. Ela naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende moi cativa gustáballe correr polo ventre da montaña sentindo como só estaba ela , a terra o aire e o seu corpo.
A fame obrigou a súa nai e mais a ela a marchar da aldea cara á cidade. A súa nai comezou a traballar para unha muller, a cambio dun teito baixo o cal durmir e algo de comida para levar a boca ela e a súa filla. Pouco era o que lle pagaba a señora á súa nai , polo que Genet tiña que ir polas rúas da cidade vendendo panos e gomas de mascar para conseguir algo máis de diñeiro. Foi así como coñeceu a Adebe, un adestrador de atletismo que tamén era médico. Genet fíxose pasar por rapaz, dicindo que o seu nome era Solomon.
Adebe comezou a adestrala, e preparouna para a súa primeira carreira, a cal era da categoría masculina. Ela gañou a carreira.
No momento en que Adebe descubriu que era unha moza, cambiouna para o grupo de rapazas. Genet continuou esforzándose , ela quería superarse a si mesma. Adebe animábaa dicíndolle que ía chegar lonxe, e de feito chegou.
Tras moitas vitorias, Genet foi para o equipo da selección. Alí coñeceu a Tamiru, un mozo co cal comeza unha amizade. El fora o rapaz ao que adiantara na primeira carreira que gañara.
Genet segue superándose a si mesma, gañado carreira tras carreira, e se non quedaba primeira, era segunda ou terceira, mais ela tiña o seu posto no podio.
Grazas ao seu esforzo chegou ao equipo olímpico. Nestes xogos de Londres gaña a maratón, e aí entende que levantarse e  correr, e non renderse nunca, foi o que aprendeu no camiño daquela montaña da súa terra.

Cómpre indicar, que na novela tamén se fala da situación das mulleres e das nenas de Etiopía. Mencionase o matrimonio por rapto, no cal homes tomaban a mozas pola forza, acto que viña seguido do obrigado matrimonio. Tamén se fala de como mulleres , por conseguir algo que lle dar aos seu fillos, se teñen que someter a accións totalmente denigrantes, como manter relacións sexuais sen desexalo. Ademais, nesta historia tamén se reflexa a violencia de xénero, en concreto o maltrato psicolóxico, onde o pai de Genet ameaza a súa nai con vender a filla. O motivo desta ameaza era que ela non lle permitía que lle puxera a man enriba. 

Finalmente , este libro pareceume moi interesante xa que conta unha historia que ensina que superándose constantemente podes chegar moi lonxe.  Ademais, a autora mostra a actitude dunha nai que fai o posible por protexer a súa filla, e que mostra unha postura forte contra un home que nunca lograría asoballala.
 

10/12/17

Corredora

Comentario de Alba Gómez Barros



Corredora
María Reimóndez
Xerais




Corredora é un libro de María Reimóndez. Genet, unha rapaza de aldea a quen lle gusta correr, ten que enfrontarse á fame, a época de guerra e ata chega a pedir esmola pola vila coa súa nai. Alí coñece a Abebe e comeza a adestrar e a adentrarse no mundo de correr para gañarse a vida.
Este texto dende un principio intenta demostrarnos que o traballo e o esforzó é a base do éxito. Neste libro observamos como unha rapaza apenas sen nada logra saír da miseria.
Aínda que Genet é un personaxe ficticio recolle vidas anónimas de moitas mozas e mulleres etíopes, e tamén a tradición atlética.
É importante salientar como viven as persoas na aldea, xa que cando os homes están na casa a muller ten que ter todo listo, feito que non debería de ser así. Tiñan un calidade de vida moi baixa. Por estas razóns e pola fame Genet e súa nai tiveron que marchar á vila, momento no que o meu interese polo libro esperta.
Tamén se reflexa como as mulleres tiñan que adicarse a prostitución para lograr sobrevivir. Pareceume unha boa formar de contar este feito a través dos ollos de Genet. A pesar da súa brevidade esta novela aproxímanos a lugares sobre os que debíamos reflexionar xa que as súas condicións de vida son pésimas.
En xeral a evolución do libro pareceume entretida e fácil de ler.
En conclusión este libro encantoume, narra dunha forma incrible como Genet consegue os seus propósitos grazas ao esforzo.
Un libro verdadeiramente insólito que recomendaría a calquera persoa para que o lese.
 

Corredora

Comentario de Lucía Fernández Cuíña



Corredora
María Reimóndez
Xerais


María Reimóndez a través de Genet Mullugueta, a protagonista do  libro "Corredora", cóntanos a historia de moitísimos nenos e nenas que día tras día loitan contra a fame e a guerra. Nesta novela amósanos como as ganas de correr e o amor por unha nai son capaces de facer o imposible.
O meu personaxe favorito é a nai, Toiba, xa que grazas ao seu esforzo e amor pola súa filla fai o imposible. Pero un personaxe que tamén é merecido destacar é Meseret, unha rapaza que consciente da falta de cartos de Genet lle axuda sen importarlle non recibir nada a cambio.
Recomendaría este libro para calquera persoa xa que aparte de ter unha moi agradable lectura fai que te deas conta do que lle pasa a xente noutra parte do mundo ou mesmo na túa e que o máis importante é o esforzo e o traballo. Aparte tamén te fai ser consciente de que homes e mulleres son iguais sempre que haxa un traballo detrás.