A autora deste libro é María Reimóndez. É
coñecida por ser escritora, feminista e doutora en tradución e interpretación
española. Cultiva a narrativa, lírica, teatro e o ensaio.
Corredora recolle
a tradición atlética de Etiopía na busca activa de talentos entre crianzas do
rural ou empobrecidas nas cidades.
Esta novela conta a historia dunha rapaza chamada Genet. Ela naceu nunha
aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende moi cativa gustáballe correr polo
ventre da montaña sentindo como só estaba ela , a terra o aire e o seu corpo.
A fame obrigou a súa nai
e mais a ela a marchar da aldea cara á cidade. A súa nai comezou a traballar
para unha muller, a cambio dun teito baixo o cal durmir e algo de comida para
levar a boca ela e a súa filla. Pouco era o que lle pagaba a señora á súa
nai , polo que Genet tiña que ir polas rúas da cidade vendendo panos e gomas de
mascar para conseguir algo máis de diñeiro. Foi así como coñeceu a Adebe, un
adestrador de atletismo que tamén era médico. Genet fíxose pasar por rapaz,
dicindo que o seu nome era Solomon.
Adebe comezou a
adestrala, e preparouna para a súa primeira carreira, a cal era da categoría
masculina. Ela gañou a carreira.
No momento en que Adebe
descubriu que era unha moza, cambiouna para o grupo de rapazas. Genet continuou
esforzándose , ela quería superarse a si mesma. Adebe animábaa dicíndolle que ía
chegar lonxe, e de feito chegou.
Tras moitas vitorias,
Genet foi para o equipo da selección. Alí coñeceu a Tamiru, un mozo co cal comeza
unha amizade. El fora o rapaz ao que adiantara na primeira carreira que gañara.
Genet segue superándose
a si mesma, gañado carreira tras carreira, e se non quedaba primeira, era segunda
ou terceira, mais ela tiña o seu posto no podio.
Grazas ao seu esforzo
chegou ao equipo olímpico. Nestes xogos de Londres gaña a maratón, e aí
entende que levantarse e correr, e non renderse nunca, foi o que aprendeu no
camiño daquela montaña da súa terra.
Cómpre indicar, que na
novela tamén se fala da situación das mulleres e das nenas de Etiopía.
Mencionase o matrimonio por rapto, no
cal homes tomaban a mozas pola forza, acto que viña seguido do obrigado
matrimonio. Tamén se fala de como mulleres , por conseguir algo que lle dar aos
seu fillos, se teñen que someter a accións totalmente denigrantes, como manter
relacións sexuais sen desexalo. Ademais, nesta historia tamén se reflexa a
violencia de xénero, en concreto o maltrato psicolóxico, onde o pai de Genet
ameaza a súa nai con vender a filla. O motivo desta ameaza era que ela non lle
permitía que lle puxera a man enriba.
Finalmente , este libro
pareceume moi interesante xa que conta unha historia que ensina que
superándose constantemente podes chegar moi lonxe. Ademais, a autora mostra a actitude dunha nai
que fai o posible por protexer a súa filla, e que mostra unha postura forte
contra un home que nunca lograría asoballala.
Sen comentarios
Publicar un comentario