ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Droga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Droga. Amosar todas as publicacións

26/11/15

Chamábase Luís


Comentario de Alberte Payo


Chamábase Luís
Marina Mayoral
Xerais





Este libro de Marina Mayoral ten como tema un problema social moi dado nos últimos tempos: as drogas. Nárrase a historia dun rapaz chamado Luís, que se meteu nas drogas aos vinte anos. Rosa, súa nai, fai de narradora, contando o que tiña que facer polo seu fillo, que tiña que coidar dos seus netos e que xa perderá ao seu marido e a un fillo polas consecuencias nefastas das drogas (tabaco e mais heroína respectivamente).


Na miña opinión foi un libro moi interesante e moi educativo, pois nos ensina a cara mala (a única que ten) das drogas; como poden chegar a deteriorar unha persoa (e tamén a todos os seres que a queren) en cuestión de pouco tempo e que normalmente ou se deixan de consumir ou acabas morto, como lle pasou ao seu irmán Pablo e como lle acaba pasando a Luís. Deixa aos seus fillos, nai e irmáns cunha pena ben grande por non saber ninguén que facer para que o noso protagonista deixe o consumo destas substancias mortais como son as drogas.

18/03/15

Chamábase Luís


Comentario de MAría Rodríguez González


Chamábase Luís
Marina Mayoral
Xerais
 
 
 
Luís é un home de trinta anos, viúvo e fráxil. Pertence a unha familia modesta, e está enganchado ás drogas dende os vinte. Ten tres irmáns e dous fillos, de trece e oito anos, dos que non sabe nada. A súa vida é un camiño cara a morte a causa da súa drogodependencia. Vive do que arrepuña no alleo, e da súa nai. Dos seus catro irmáns un morreu por culpa das drogas, e os outros non queren saber nada de el.
Rosa, a nai de Luís e o resto da familia, contan a convivencia con Luís, así como as súas penas e desgrazas. Aínda que hai lágrimas, no fondo, tamén falan de esperanza e ilusión.
Este libro reflexa a vida de Luís, pendente da adicción á heroína, chegando a presenza da sida e acabando coa súa vida (morte).
Ante a impotencia e unha loita agotadora pero inútil,  pídese a morte para acabar con ese enorme sufrimento,  é  o mellor que lle pode acontecer.  Agora só quedan os recordos  e  a pena pero tamén sensación de alivio.
Esta obra ensínanos a ver os distintos valores, como pode ser, a dignidade, sufrimento, empatía e protección.
Este libro resultoume moi entretido e fácil de ler pero algo triste.

20/06/14

Chamábase Luís


Comentario de Carmen Blanco Cuiña


Chamábase Luís
Marina Mayoral
Xerais




Este libro foi un dos que máis me gustou porque fala de algo que lle pode pasar en calquera momento tanto nas familias con moitos cartos, como nas que non teñen tantos. Conta a historia dunha familia á que lle tocou vivir nunha difícil situación  por culpa de Luís que era drogadito. A súa nai  ten que asumir  todas as responsabilidades porque o seu home morreu. Ela sabe que Luís vai morrer, pero como non quere que sufra, cando el lle pide cartos para a droga ela dállos. 
Recoméndolle este libro a todas as persoas ás que lles gusta ler libros que teñen que ver coa situación tan dolorosa que viven algunha persoas por culpa dos seus familiares.
 

17/06/14

Anxos en tempos de chuvia



Comentario de David Cabaleiro


Anxos en tempos de chuvia        
 
Miguel Vázquez Freire
Xerais

A historia dunha moza e tres rapaces que morren na madrugada dun sábado nun accidente de automóbil. O irmán de Anxos (a rapaza falecida), Moncho, non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do mesmo. A partir deste momento, actúa coma un investigador na procura de pegadas pero, en certo modo, coma un detective ao revés, porque o que este busca non son as marcas dun crime, senón as dunha inocencia. Así, acompañado por unha enigmática chuvia de trasfondo que persiste durante a maior parte do relato, emprende a súa exploración, tomando como punto de partida o diario secreto da rapaza.
Asemade a novela, cunha trama artellada moi coidadosamente, aborda dende temas tan actuais como a problemática dos accidentes de tráfico, o consumo de alcohol, as drogas, o rock bravú, a SIDA, a lingua e a identidade galega… ata outros tan complexos e ambiguos que de cotío roldan na cabeza da mocidade como son o amor, a iniciación á sexualidade adulta, a reflexión sobre a existencia e a relixión e, sobre todo, a consideración da morte como unha experiencia vivida.

Como é posible? Un diario, un soño, unha película, unha narración… ou os catro á vez? Anxos en tempos de chuvia é unha orxía de palabras, a investigación certeira, un deses libros cos que non se pode evitar marcar un sorriso no rostro ao rematar de lelo… Gustoume, non o vou negar, aínda que considero que había “amor” (por así dicilo) en exceso, cousa que custaba de dixerir. Polo demais, tanto ese léxico conciso coma unha historia sen grandes dilemas, esta é unha obra digna da miña admiración.
Tamén cabe destacar a alusión á verdadeira moral que representa o diario de Anxos, no que non soamente se recollen as súas experiencias máis curiosas e peculiares, senón tamén varias citas sobre a beleza ou a maneira de ser única de cadaquén que oxalá algún día se fagan realidade.

En fin, sen dúbida ningunha cualifícoo como unha novela gratamente completa e entretida (desas que se comezan unha tarde e se rematan ante o solpor), para todo aquel que estea metido no mundo policial e que se sinta un auténtico detective literario, e póñolle un oito… e medio.