ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/11/15

Chamábase Luís


Comentario de Alberte Payo


Chamábase Luís
Marina Mayoral
Xerais





Este libro de Marina Mayoral ten como tema un problema social moi dado nos últimos tempos: as drogas. Nárrase a historia dun rapaz chamado Luís, que se meteu nas drogas aos vinte anos. Rosa, súa nai, fai de narradora, contando o que tiña que facer polo seu fillo, que tiña que coidar dos seus netos e que xa perderá ao seu marido e a un fillo polas consecuencias nefastas das drogas (tabaco e mais heroína respectivamente).


Na miña opinión foi un libro moi interesante e moi educativo, pois nos ensina a cara mala (a única que ten) das drogas; como poden chegar a deteriorar unha persoa (e tamén a todos os seres que a queren) en cuestión de pouco tempo e que normalmente ou se deixan de consumir ou acabas morto, como lle pasou ao seu irmán Pablo e como lle acaba pasando a Luís. Deixa aos seus fillos, nai e irmáns cunha pena ben grande por non saber ninguén que facer para que o noso protagonista deixe o consumo destas substancias mortais como son as drogas.

Sen comentarios