Luís é un home de trinta anos, viúvo e fráxil. Pertence a
unha familia modesta, e está enganchado ás drogas dende os vinte. Ten tres
irmáns e dous fillos, de trece e oito anos, dos que non sabe nada. A súa vida é
un camiño cara a morte a causa da súa drogodependencia. Vive do que arrepuña no
alleo, e da súa nai. Dos seus catro irmáns un morreu por culpa das drogas, e os
outros non queren saber nada de el.
Rosa, a nai de Luís e o resto da familia, contan a
convivencia con Luís, así como as súas penas e desgrazas. Aínda que hai
lágrimas, no fondo, tamén falan de esperanza e ilusión.
Este libro reflexa a vida de Luís, pendente da adicción á
heroína, chegando a presenza da sida e acabando coa súa vida (morte).
Ante a impotencia e
unha loita agotadora pero inútil, pídese
a morte para acabar con ese enorme sufrimento, é o
mellor que lle pode acontecer. Agora só
quedan os recordos e a pena pero tamén sensación de alivio.
Esta obra ensínanos a ver os distintos valores, como pode ser,
a dignidade, sufrimento, empatía e protección.
Este libro resultoume moi entretido e fácil de ler pero algo
triste.
Sen comentarios
Publicar un comentario