A modelo descalza
Jordi Sierra I Fabra
Galaxia
Este libro penso que ata agora foi o que máis me
gustou deste curso, debido ao meu gusto polos libros de investigación.
Non teño que dicir nada que cambiaría xa que non hai
ningunha parte desta lectura que me desilusionara.
A forma de investigar de Jon, pola súa conta, ao
principio pensei que non ía dar resultado xa que el non era nin policía nin
detective, pero ao final sorprendeume moito a forma na que consegiu enlazar
todos os detalles e dar co final dese asasinato.
Sen dúbida, este libro reflexa como é a vida de
alguén famoso, rodeado de paparazzi, con
problemas de alcol e drogas ou nun punto extremo o que lle ocorreu a Alexia.
O que non cheguei a entender moi ben é se ao final
Jon seguía namorado de Alexia, porque ao deixala ir parece que non pero hai
detalles que se dan na historia que dan a parecer o contrario.
Recoméndolle
aos alumnos que lean este libro, xa que a pesar de non ser dos máis delgados e
ao mellor o título non chame moito a atención, para min é sen dúbida unha
historia que te cautiva dende o primeiro instante
Sen comentarios
Publicar un comentario