Comentario de Paula Vázquez
A Pantasma de Canterville e outros contos
Oscar Wilde
Xerais
Este libro a min gustoume moito, xa que narra
unha historia das miñas preferidas, sobre pantasmas e tamén nos fala dos
sentimentos. Ao lela e pórse na pel dos persoaxes, hai veces en que ata chegaba a
ter certo medo, xa que trata o misterio e o terror, pero por outa parte tamen
me rin moito cando se fan trampas uns a outros e levan sustos, porque son as
típicas bromas dos rapaces da nosa idade ou dalgúns mais pequenos. É un conto
moi real, xa que eu, persoalmente, se me ocorrese iso, eu creríao todo e ata a
lenda parece real. Gustaríame ler máis libros coma este, porque mestura
temáticas variadas, coma me gustan a min, xa que trata o medo, os sentimentos e
tamen che fan pasar un bo rato no que ata podes rir ti soa lendo o libro.
Sen comentarios
Publicar un comentario