Comentario de Vanesa Lalín
O Mundo De Ben Lighthart
Jaap Ter Haar
SM
O Mundo De Ben Lighthart
Jaap Ter Haar
SM
Ao ler o título deste libro imaxinei que ía
tratar de alguén que contaría a súa vida, pero nunca pensei que puidese
resultar unha historia tan real, onde a un xove coma min, dun segundo para
outro, cambioulle a vida para sempre, dunha maneira tan rotunda.
Así o que todo nun primeiro momento, despois do accidente, parecía amargura
e oscuridade, co paso dos días foi cambiando pouco a pouco, converténdose nunha
loita diaria, moi difícil. Pero para conseguir isto todo eu penso que o logrou
grazas á axuda das persoas que tiña cerca, cada unha destas aportoulle unha
maneira diferente de ver e entender a vida, co que eu me identificaba en cada
momento ao longo da lectura.
Comprendín que hai moitas
maneiras de percibir a vida e as persoas, onde todas son diferentes, pero que
todas nos aportan ideas para facernos máis fortes, onde o noso exterior non é
importante, o mellor é o que cada un de nos leva dentro, e o importante é poder
atopalo.
Sen comentarios
Publicar un comentario