Comentario de Katia Pereira
O derradeiro irmán
Nathacha Appanah
Xerais
O derradeiro irmán
Nathacha Appanah
Xerais
É un libro difícil de ler polo
seu rico vocabulario, pero aparte diso é una lectura fantástica que move ao
lector dende as primeiras páxinas mentres descobre feitos históricos
descoñecidos; así como a cultura dese paraíso da illa que case todos coñecemos,
só polos catálogos de viaxes.
A historia que conta Rag en
primeira persoa gustoume pola intriga e o misterio. Para min é un pouco triste,
polas mortes da Segunda Guerra Mundial, os xudeus,…
Eu recomendo este libro ás
persoas que lles guste a intriga, misterio, realismo e tristeza. Tamén o
recomendo ás persoas que lles gusten as memorias, porque este libro ten dúas
partes entrelazadas: a vida de Rag desde que era pequeno (memorias) e a vida
actual de Rag.
Sen comentarios
Publicar un comentario