Comentario de Francisco Rodríguez
A punta de pistola
Fran Alonso
Xerais
A punta de pistola
Fran Alonso
Xerais
"A punta de pistola" tiña moitas expectativas para min,
quizais demasiadas, e ó fin quedouse coma un libro dos que falan moi ben pero
que non me acabou de convencer de todo. Aínda así, pareceume moi interesante o
tema de dúas historietas paralelas, sen, a priori, ningunha relación pero
recíprocas entre si. Dúas historias de temas moi diferentes....
Na primerira "historia " pareceume que Varas era un home con tan
pouca personalidade coma unha pedra xa que,tanto se quere parecer ó Gadafi ese
que ata chega a pensar e actuar como o faría o seu "heroe"; mais o
motivo do meu pensar é o feito de, ao non ter recursos para ter unha pistola
de ouro coma a de Gadafi, Varas pintou a súa con pintura de esa mesma cor, ou o
feito de que case mata os nenos, a muller e a el mesmo polo que Gadafi dixo que
antes de que o apresasen prefería estar morto, o que demostra o que penso eu ao
poñer en perigo a súa vida polo simple motivo dunhas palabras que dixo naquel
momento o ditador. Por outro lado, encantáronme os dous irmáns Pixie e Dixie,
especialmente Pixie por ter unha actitude moi parecida á miña, é dicir, sempre
pensando no que vai facer despois, non podendo estar quedo o que algunha vez
pode pasar factura.
A outra historieta pareceme máis sentimental (polo tema da filla de Rica e
de Lolo) pero menos aventureira ca outra. De todas formas, pareceume unha
historia moi axeitada para reinvindicar a igualdade da muller xa que, neste
caso, está moi ben que Camila siga os pasos de Celia Rivas, persoa que debería
ser unha referncia para moita xente por romper coa desigualdade de xéneros
e decidir desenvolver un traballo que parece que só puidesen facer os homes.
Camila coas súas accións intenta reinvindicar o seu obxectivo.
En definitiva, un libro con dúas caras moi distintas que se necesitan entre
si para chegar a un fin independiente.
Sen comentarios
Publicar un comentario