Comentario de Francisco Rodríguez
O achado do castro
Manuel Núñez Singala
Sotelo Blanco
O achado do castro
Manuel Núñez Singala
Sotelo Blanco
Segundo libro que leo de Manuel Núñez Singala e segundo libro que non me
defrauda, senón todo o contrario, xa que me produce unhas gañas enormes de ir
polo "hat trick".
Trátase dunha obra teatral de xénero cómico, con dúas historias que
se desenvolven alternativamente nun mesmo escenario.
As historias están ambientadas na época dos romanos, sendo o César un dos
protagonistas principais. Por un lado están os ladróns que pensan en facerse co
poder de Roma e para iso maquinan un absurdo plan para roubarlle o medallón ó
Cesar o que demostra a ambición e por outro lado, está a historia de amor
"imposible" de entrada, entre a filla do César, chamada Carmiñae, e
o fillo da comerciante mais rica de Roma, Arpexia, que lle din Manolitus. Cuns
escenarios moi sinxelos e coa moi apropiada axuda dun presentador, vanse
sucedendo e alternando as historias dun xeito totalmente cómico, con diálogos
moi divertidos e cercanos á idade actual, mesturados e sumerxidos no ambiente
de esa época, onde o César facía e desfacía ó seu antollo.
É unha obra de moi doada lectura, onde non custa imaxinar ou visualizar os
personaxes, medio tontos coma os ladróns ou medio alelados coma os amantes que
loitan polo seu amor ata o final. Tamén os nomes dos personaxes son moi
orixinais e divertidos.
Considéroa unha obra de teatro moi axeitada para representar nun festival
do instituto.
Sen comentarios
Publicar un comentario