Comentario de Lucía Fernández Cuíña
Corredora
María Reimóndez
Xerais
María Reimóndez a través de Genet Mullugueta, a protagonista do libro "Corredora", cóntanos a historia de moitísimos nenos e nenas que día tras día loitan contra a fame e a guerra. Nesta novela amósanos como as ganas de correr e o amor por unha nai son capaces de facer o imposible.
O meu personaxe favorito é a nai, Toiba, xa que grazas ao seu esforzo e amor pola súa filla fai o imposible. Pero un personaxe que tamén é merecido destacar é Meseret, unha rapaza que consciente da falta de cartos de Genet lle axuda sen importarlle non recibir nada a cambio.
Recomendaría este libro para calquera persoa xa que aparte de ter unha moi agradable lectura fai que te deas conta do que lle pasa a xente noutra parte do mundo ou mesmo na túa e que o máis importante é o esforzo e o traballo. Aparte tamén te fai ser consciente de que homes e mulleres son iguais sempre que haxa un traballo detrás.
Sen comentarios
Publicar un comentario