Corredora
María Reimóndez
Xerais
Corredora
é un libro de María Reimóndez. Genet, unha rapaza de aldea a quen lle gusta correr,
ten que enfrontarse á fame, a época de guerra e ata chega a pedir esmola pola
vila coa súa nai. Alí coñece a Abebe e comeza a adestrar e a adentrarse no mundo
de correr para gañarse a vida.
Este
texto dende un principio intenta demostrarnos que o traballo e o esforzó é a
base do éxito. Neste libro observamos como unha rapaza apenas sen nada logra
saír da miseria.
Aínda
que Genet é un personaxe ficticio recolle vidas anónimas de moitas mozas e
mulleres etíopes, e tamén a tradición atlética.
É
importante salientar como viven as persoas na aldea, xa que cando os homes están na casa a muller ten que
ter todo listo, feito que non debería de ser así. Tiñan un calidade de vida moi
baixa. Por estas razóns e pola fame Genet e súa nai tiveron que marchar á vila,
momento no que o meu interese polo libro esperta.
Tamén
se reflexa como as mulleres tiñan que adicarse a prostitución para lograr
sobrevivir. Pareceume unha boa formar de contar este feito a través dos ollos
de Genet. A pesar da súa brevidade esta novela aproxímanos a lugares sobre os
que debíamos reflexionar xa que as súas condicións de vida son pésimas.
En
xeral a evolución do libro pareceume entretida e fácil de ler.
En
conclusión este libro encantoume, narra dunha forma incrible como Genet
consegue os seus propósitos grazas ao esforzo.
Un
libro verdadeiramente insólito que recomendaría a calquera persoa para que o
lese.
Sen comentarios
Publicar un comentario